O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
20/06/18
19/06/18
Gimcana Mariñeira
O venres pasado , o alumnado de infantil realizamos una Gymkana. O capitán Milladoiro deixouno seis tesouros agochados, e para conseguir o mapa que nos diría onde atopalos , tivemos que realizar seis probas. Creamos 6 grupos de participantes, cada un dunha cor, e xogamos a un memory mariño, encestar na rede, cruzamos unha ponte, fixemos un barco co tangram, pasamos un circuito ata chegar ó barco do Capitán Milladoiro, e pescamos o globo. Ó rematar cada proba conseguimos cada peza do noso mapa, e descubrimos onde atopar o tesouro, así que mans á obra... Cada grupo percorreu o colexio buscando o cofre,e descubrimos que había un pergamino do Capitán e unhas chuches!!!!
PASÁMOLO EN GRANDE!!!!!
https://photos.app.goo.gl/AvvBrRQC2N5o6yRS8
PASÁMOLO EN GRANDE!!!!!
https://photos.app.goo.gl/AvvBrRQC2N5o6yRS8
16/06/18
14/06/18
Visitamos o Museo do mar
Onte visitamos os diferentes espazos do centro onde hai exposicións, en concreto o Museo de mar, onde atopamos moitísimos obxectos que trouxeron as familias e os mestres descubrindo dende un colmillo de cachalote, un oso de balea, diferentes crustáceos, cartas de navegación, aparellos para pescar... e tamén subimos a segunda planta para ver as maquetas que realizaron os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, algunha gustounos moito como o campo de fútbol e a discoteca Milladoiro. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: visitas.
13/06/18
A NOSA VIAXE (5º E.I.)
Acabamos o noso proxecto de "Surfeando polo mundo", e como punto final fixemos un mapa mundial onde buscamos os paises que visitamos, marcando a ruta que seguimos dende o primeiro país ata o último. Foi unha grande viaxe polo mundo. Quero darvos as grazas polas vosas aportacións para este proxecto.
O NOSO MAR (5º E.I.)
Aproveitando a area que nos trouxéchedes fixemos un pequeno mar coas súas ondas e co seu barco veleiro. Como tiñamos dous tipos de area, unha máis fina e outra máis gorda observamos a diferencia entre elas e tamén algúns tocámola. E, tamén experimentamos que unha estaba máis mollada que outra e polo tanto pegábase máis nas mans. Quedounos un mar moi bonitiño.
Dicionario mariñeiro
Velaí outro dos nosos productos finais: un Dicionario con termos mariñeiros escrito entre todos/as.
Encántanos!
Agora levarémolo á imprenta e faremos un deses libros que tanto nos gusta ter na nosa biblio: os que escribimos nós, libros de produción propia!
09/06/18
AS CAIXAS DE XEOGRAFÍA (5º E.I.)
Cunhas caixas fixemos a representación de a onde pertence cada lugar, é dicir, Malpica pertence a provincia de Coruña; Coruña a Galicia, e así pouco a pouco ata que chegamos a formar parte do mundo. Foi unha actividade moi motivadora xa que puideron ver de forma manipulativa como esta estructurado o territorio. Así, tamén puidemos ver que todos os paises que visitamos, tamén forman parte dalgún contiente e todos formamos parte do mesmo mundo.
08/06/18
05/06/18
VOLVEMOS (5º E.I.)
Xa toca volver a casa dende o último país que visitamos, Portugal. Collimos o noso bus surfeiro para que nos levara o aeroporto para coller o avión de volta a Malpica. Fíxonos moito ilusión esta viaxe, coñecimos moitos paises e convertímonos nuns grandes capións de surf.
04/06/18
Fin de Proxecto. Un mar de contos

Non podemos estar máis orgullosos deste resultado. Velaí parte do traballo no que levamos volcados todo o curso; Grazas á profesora de música por esta fermosa melodía e polo labor de coordinación do tódalas titorías. Tamén aos profesores/titores porque nas aulas é onde todo sucede. A nós encántanos! Ovideo:
01/06/18
Mural do mar
Despois de moitos meses traballando nel , por fin temos rematado o noso mural do mar, para que a serea Leo vexa todo o que investigamos, e algúns dos animais mariños que descubrimos!!!!
Nos venres robóticos puxéronlle códigos Qr, que nos levan a ver vídeos dalgúns deses animais na vida real. Agora o noso mural está exposto na Aula do Mar que está creándose no cole!!

https://photos.app.goo.gl/CgqvPMGQeHE2QxJ57
Nos venres robóticos puxéronlle códigos Qr, que nos levan a ver vídeos dalgúns deses animais na vida real. Agora o noso mural está exposto na Aula do Mar que está creándose no cole!!
https://photos.app.goo.gl/CgqvPMGQeHE2QxJ57
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)