14/06/19

Saída FENAUCAM (1º e 2º)


Hoxe as aulas de 1º e 2º visitamos FENAUCAM (Feira Naútica de Camariñas), o faro Vilán e xantamos no Ariño, entre pinos á beira da ría de Camariñas.
Pasamos un día xenial!
Para ver as fotos da saída picade no seguinte enlace:

11/06/19

Experimentamos con auga (1º)


No laboratorio de cociña fixemos 3 experimentos con auga para completar o último lapbook do curso e elexir un deles para o II Día da Ciencia e a Tecnoloxía.
Eleximos...a ilusión óptica coa auga! Na aula de 1º faremos maxia coas letras grazas á auga.

10/06/19

Chúpate! Propostas para ler no verán

Chúparse é ao verbo que usan os malpicáns cando falan de tirarse aomar. Pois esa é a nosa proposta: libros para chuparse neles! Que teádes unha boas vacacións e unha mellores lecturas!

04/06/19

Un mar de baleatos 1º (green screen)

Coñecemos a Jaques Cousteau e aproveitando as nosas cabezas de baleatos do entroido puxemos en práctica a técnica croma ou green screen. Compartimos con todos vós as nosas horas de diversión e aprendizaxe: NON ENSUCIES OS MARES...COIDA O MEDIO AMBIENTE!

Día do Libro: conto sobre a contaminación do mar ( 5º EI)





Tras traballar os perigos que ocasiona o lixo no mar, descubrimos que as tartarugas comen bolsas de plástico pensando que son medusas, así que na semana da celebración do Día do Libro, pensamos en facer unha historia para contar o que descubrimos.
Primeiro creamos a historia entre todos, escollemos democráticamente a través de votacións o título do conto, cada neno/a debuxou unha parte e por último gravámonos contando cada escena ata conseguir este resultado. Tardamos bastante pero mereceu a pena. Grande traballo en grupo!!!




Copia de conto un mar de plásticos de nunca xamais

ARTE CON CREBAS ( 5º EI )

Tras traballar a importancia de coidar o noso mar, subimos ó corredor de arriba do cole para ver os murais e a reutilización que fixeron os maiores de materiais plásticos na creación de obras artísticas. Despois visitamos a aula onde están as crebas que as familias trouxeron a comezos de curso, e todas as recollidas nas visitas do alumnado ás distintas praias, como as que nós recollemos na praia de Seiruga, e unnha caixa metemos algunhas das crebas que pensamos que poderían ser susceptibles de converterse nunha obra de arte. En clase miramos, clasificamos, tocamos e pensamos que poderiamos facer coas crebas, así que no Leolab, dividimos a clase en 5 grupos pequenos, e cada un deles utilizando os materiais que consideraron, crearon obras artísticas moi orixinais resultado do traballo en equipo. Unha vez rematadas as obras , cada grupo tivo que chegar a un consenso para elixir o nome da súa creación, así temos: O peixe Lúa, o peixe Tiburón, o crocodrilo zampón, a Billa corococón e a cana de pescar.


ARTE CON CREBAS

Crebas (4º E.P.)


As crebas recollidas nas praias da contorna nos primeiros meses de curso serviron para que os escolares deixasen voar a imaxinación e contruiran estas auténticas obras de arte.  
Velaquí  as pezas realizadas polo alumnado de 4º de primaria
















03/06/19

Un mar de crebas: Leo (1º E.P.)

Imaxinación e creatividade ao poder entre crebas! Creamos á mascota da nosa biblioteca: a serea Leo.















Leo cun libro e un xeado.



Libro do Patrimonio Inmaterial


Leer más publicaciones en Calaméo
Libro colectivo no que recollemos diferentes aspectos do patrimonio inmaterial malpicán, con motivo da dedicación do Día das Letras 2019 a Antonio Fraguas, eminente etnógrafo (entre outras cousas)
Agradecemos a colaboración das familias nesta recollida patrimonial