30/04/18

Recuncho mariño ( 4º EI )

A pasada semana Valentina trouxo a clase una grande sorpresa, MEDUSAS!!! As medusas estaban na praia de Malpica, e atopáronnas na area varios nenos e nenas da clase. O raro é que, cando as colleron eran azuis, pero cando meteron unha delas na casa en auga doce, cambiou a cor, e agora é transparente!!!




Venres robótico

O venres estreamos un novo material do Leolab, un xogo de construcción de pezas con tornillos moi intuitivo, e aprendemos a facer códigos Qr, neste caso, para utilizar nos muráis do mar do corredor.


Estes códigos Qr nos levan a ver vídeos dos animais mariños reais no seu hábitat!!!




 
 
 

25/04/18

Recuncho mariño ( 4º EI)

Os últimos días recibimos novas cousiñas para o Recuncho Mariño, Dania trouxo uns contos para compartir " Acuario", que fala de animais mariños a través de rimas e "El pez Arco Iris ", que transmite o valor de compartir, ademáis dun tesouro!!!!!! Unha Caixa do seu avó chea de cunchas distintas, formas de caracolas que nunca viramos , e todas procedentes de cando o avó embarcaba no Gran Sol.
Valentina trouxo outras cunchas, parecían iguais, pero ó tocalas e velas de cerca decatámonos de que eran distintas!!! Fixemos xogos con elas, sobre todo de conteo, e as utilizamos para facer ritmos!!!

                                           Moitas Gracias







COMPARANDO MEDIDAS ( 4º EI )

Tras descubrir que o Cangrexo Ermitán medía 40 centímetros, utilizamos o metro para saber canto é esa medida, e aproveitamos para medirnos nos, e comparar as medidas!!!

Para ver as fotos premer no seguinte enlace:


https://photos.app.goo.gl/gb0rOH4cvgjkaSv13

BANDEIRAS DO MUNDO (5ºE.I.)

Aproveitando que xa coñecemos algunhas bandeiras e que nuns dos atlas que empregamos para buscar o país que visitamos; estivemos buscando entre todas as bandeiras do mundo as de Estados Unidos, Arxentina, Perú, Australia, Filipinas e Xapón. Conseguiron atopalas entre tantas bandeiras que hai no mundo, non podemos crer que haxa tantos paises e cada un coa súa propia bandeira.


XAPÓN (5º E.I.)

Continuamos coa volta o mundo surfeando, desta vez deixamos Filipinas para viaxar un pouco máis o norte ata Xapón, seguimos visitando paises insulares.
Aterramos no aeroporto de Tokio, visitando a cidade, da cal o que máis nos chamou a atención foi un paso de peóns onde cruza moita xente ao mesmo tempo e tamén cruzan en diagonal, Logo, visitamos o monte Fuji, un volcán inactivo, para finalmente ir a praia de Kuneguma a facer a nosa proba do mundial de surf.


A continuación déixovos os enlaces para as visitas:

PASO DE PEÓNS

MONTE FUJI

KUGENUMA BEACH

Nesta viaxe aprendimos como se din algunhas palabras en xaponés como por exemplo: hola. adeus, estrela fugaz, sol, Tokio, Xapón, Australia, etc. Encantoulles escoitalas en xaponñes, fixolles mloita gracia, así que désixovos o enlace para que tamén na casa aprendades un pouquiño de xaponés TRADUTOR ESPAÑOL - XAPONÉS.

15/04/18

BUSCAMOS E ATOPAMOS

Esta semana a nosa compañeira Celia tróuxonos un libro de animais mariños no que tiñamos que buscar os animais da parte inferior do libro, na parte superior en diferentes hábitats mariños. 
Gracias a Celia por este préstamo. 



09/04/18

FILIPINAS (5º E.I.)

Continuamos coa nosa viaxe. Despois do parón das vacacións, para disfrutar da nosa casa, collemos o avión rumbo a Filipinas, que está moi pretiño de Australia. Ao chegar observamos que mentras Australia é unha illa moi grande; Filipinas está formada por varias illas.
Aterramos en Manila, e aproveitamos para visitala, e ver que ten unha parte vella onde se atopa o forte Santiago. Logo, visitamos algo moi característico do país, que son os arrozales en terrazas. E, finalmente, collimos rumbo a Siargao para a próxima proba do mundial de surf.




Déixovos os seguintes enlaces para que tamén poidades visitar o mesmo ca nós:

MANILA

FORTE SANTIAGO

ARROZALES EN TERRAZAS



06/04/18

XOGOS CON CUNCHAS ( 4º EI )

No segundo trimestre, no cofre dos tesouros da serea Leo, apareceu unha caixa chea de cunchas de berberechos. Esta vez utilizámolas para traballar o conteo, a descomposición do número tres e facer creacións artísticas con elementos naturais.
Tamén descubrimos , gracias á profe Patri, que as cunchas de vieiras serven para facer música!!!



INVESTIGANDO AS CARACOLAS: CHAMADO Ó CAPITÁN DE BARCOS ( 4º EI )

Hoxe continuamos buscando resposta á pregunta... terían algo dentro as caracolas cando vivían no mar?
Os nenos e nenas viñeron con respostas das casa, todos estaban de acordo en que as caracolas no mar teñen algo dentro, uns dicían que bichiños e outros que gusanos.
Decidimos chamar ó avó de Breixo, que foi capitán de barcos, para buscar a resposta correcta. Baixamos á conserxería, cada neno e nena tiña un número que marcar, chamamos e conseguimos una resposta:
AS CARACOLAS SON COMO OS CARACOIS DA TERRA, SOAMENTE QUE NON TEÑEN CORNOS!!!
Seguiremos investigando sobre estes animaliños. Moitas grazas!!!!


RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Continuamos ampliando o recuncho mariño cun par de debuxos de caracolas feitos por Juan. Moitas gracias!!!



05/04/18

AS CARACOLAS ( 4º EI )

A partir da caracola que trouxo Juan, comezamos unha nova liña de investigación, e levamos toda a semana sendo detectives. Por suposto, aínda non resolvemos a nosa dúbida... terían algo dentro as caracolas cando estaban no mar? Mañá continuaremos comprobando as fontes de información que propuxemos o martes na asemblea. Se queredes escoitar os programas de radio Balea, premer no seguinte enlace, que ademais está no lateral do blogue principal do cole

http://bemilladoiro.blogspot.com.es/







Recuncho mariño: as caracolas ( 4º EI )

O martes, tras a volta das vacacións, Juan trouxo unha caracola, mirámola, escoitámola, tocámola... e por suposto xurdiron dúbidas!!!