26/11/18

Santa Cruz: Arte con crebas

Excursión a Santa Cruz from bemilladoiro on Vimeo.
Escolares de 5º e 6º acudiron ao Castelo de Santa Cruz, en Oleiros por visitar a exposición Pola beira do mar.
Nesta exposición, os colectivos Retoqueretro e Mar de Fábula mostran obras de arte nacidas do lixo que recollen nas praias, o que nos devolve o mar.

O caso é que no terceiro trimestre, a nosa proposta de traballo encol do mar será precisamente Mar-e-arte e gustábanos que viran exemplos, modelos, de como se pode tirar beleza do lixo e, de paso, coidar da beiramar.

 Como o tempo atmosférico non acompañou moito, despois foron visitar o Museo de Oleiros, que está moi pretiño do Castelo.

Seica o pasaron moi ben.

18/11/18

Terror baixo as augas

Como cada ano, cando se achega o Samaín, no noso cole celebramos a semana das lecturas terroríficas. Para esta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou un conto con temática de terror e tendo como protagonista a Leo, a mascota da nosa biblioteca. A partir deste pequeno relato, creamos un audiovideo coa técnica de Stopmotion empregando os debuxos que foron facendo os nenas e nenos da aula. Terror baixo as augas from bemilladoiro on Vimeo.

05/11/18

Cabazas mariñeiras

Damos as grazas a tódalas familias pola amplísima participación e por tal derroche de creatividade. Cada ano sorprendédesnos pero, se cabe, este ano a sorpresa foi maiúscula: nunca pensamos que o tema do Mar dera para tanto á hora de decorar cabazas. O dito:
 GRAZAS!