27/02/18

O sabor da aventura está no mar

O pasado venres os escolares de 5º e 6º achegáronse a Laxe dentro das actividades do Plan Proxecta. A idea era visitar o porto, a lonxa, o Museo do Mar e ter un taller de degustación de alimentos saborosos elaborados con peixe.
Un éxito. Aínda que a choiva acompañou toooodo o día!
Pero non nos quitou o placer de seguir aprendendo.

23/02/18

DESCUBRIMOS OS CNIDARIOS

Cunha nova mensaxe da nosa amiga a buceadora Rosa, chegounos tamén unha caixa cun coral fermosísimo (según os nenos/as sabemos que era dela porque a caixa viña mollada). Primeiro observamos as fotos de Rosa que nesta ocasión era dunha anémona, que a coñecemos do conto Una casa para el cangrejo ermitaño, varios corais e tamén fotos de algas e estivemos investigando a diferenza entre estes animais mariños que parecen plantas, e as propias plantas. Despois xa pasamos a estudiar o coral e todas as súas características e tocalo tamén aínda que con moito coidado xa que podía romper. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: coral.



22/02/18

RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Un bo día, Breixo apareceu no cole cunha bolsa que pesaba un montón, empezou a ensinar a sorpresa agachada dentro, ERAN UN MONTÓN DE ANIMAIS MARIÑOS DE MADEIRA. Contounos quen os fixera, que animal era cada e as súas cores: golfiño, orca, tiburón, peixe, balea... encántanos xogar con eles, moitas grazas Breixo !!!






RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI)

Antes do entroido, Juan Luis apareceu na clase cunha mochila chea de sorpresas mariñas, trouxo barquiños e tartarugas feitas coa cáscara das noces, un cadro feito por el, fotos dunha barracuda e unha medusa, un conto de Nemo, unha medusa feita na casa con lá, animaliños ... Un montón de cpusas, grazas por compartilo!!!!



             



 

Un mar de contos: Nadarín. 2º

20/02/18

Descubrimos os crustáceos

Recibimos outra mensaxe da nosa amiga a buceodora Rosa e, nesta ocasión, son fotografías sobre distintos crustáceos, así que estivemos investigando cal era cada un deles e cales eran as características comúns cos definen. Ademais, como das casas trouxeron distintos caparazóns, analizamos cada un deles e os ordeamos de menor a maior.
















Tamén descubrimos un novo conto que nos gustou moito, Una casa para el cangrejo ermitaño:




E como na clase tiñamos un carlou que trouxo unha alumna da súa casa, estivemos escoitando o mar, ainda que houbo nenos e nenas que decían que eles escoitaban o zumbido dunha abella, unha tubería... Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Crustáceos.


15/02/18

Un mar de contos. Entroido

Xa están aquí as imaxes do que foi a nosa celebración do entroido escolar. Como xa sabedes o título foi Un mar de contos por relacionamos cada comparsa cunha lectura que tiña como escenario o mar, enlazando así co noso Proxecto Documental Integrado Anual.

07/02/18

TABOA DE SURF II (5º E.I.)

Comezamos a facer a nosa taboa de surf, xa lle dimos unha man de violeta e de vermello. Fáltanos darlle unha ou dúas mans máis para que quede ben pintada. Están encantados con facela, xa que así preparámonos mellor para participar no campeonato de surf que estamos facendo polo mundo adiante. 😊😊😊



APORTACIÓNS AO PROXECTO (5º E.I.)




Superpercebe

Este foi o conto que escribiron Nico (da aula de 4 anos) e súa nai Mabel. Foi a inspiración para o disfraz da súa aula. Parabéns a ambos!

06/02/18

Un mar dúas orillas: Reino Unido. 2º

O noso entroido: Un mar de contos

Así será o noso entroido mariñeiro e literario. Porque unimos, nos disfraces, ambas ideas. Cada curso escolleu un libro que foi a base para deseñar o seu disfraz:
4º E.I. Augamares. Medusa se ha vuelto a enfadar
5º E.I. Percebes. Supercebe
6º E.I. Mexillóns. Barxilón no mar de latón
1º Peixes arco iris. El pez Arcoiris
2º Peixes. Nadarín
3º Luras. Acuario
4º Estrelamares. O conto da estrelamar
5º Piratas. La isla del tesoro
6º Mariñeiros e pescantinas. Fuxiron por mar

Deixámosvos as imaxes da eselección de lecturas que xa resplandece no noso corredor.

02/02/18

Un mar, dúas orillas. 3º Primaria


Unha das actividades á que nos convidaron participar dende a Biblioteca do noso cole polo Dia Internacional da Paz e a non Violencia, foi a de UN MAR, DÚAS ORILLAS. Consistía en intentar contactar con nenos e nenas doutras partes do mundo tendo o Atlántico como nexo común.
Puxémonos en contacto co Colexio Español de Rabat (Marrocos) e a profe de 3º de Primaria respondeunos que estaría encantada de coñecernos e compartir moitas experiencias con nós.
Así que redactamos entre todas e todos un email que enviamos, xunto con algunha foto da nosa localidade e aos poucos días obtivemos resposta. Que ilusión nos fixo!!
Prometemos que seguiríamos escribíndonos. 


VISITAMOS ARXENTINA (5º E.I.)

Con motivo da celebración do día da Paz e non violencia, fixemos a actividade "Un mar, dúas orillas", que consiste en visitar unha vila costeira coma nos e poñernos en contacto cun colexio da zona. No noso caso escollimos Arxentina, concretamente Mar del Plata, xa que en praia Grande celébrase unha das probas do mundial de surf. A actividade consiste en poñernos en contacto cun colexio da zona para que nos conten sobre como é o lugar onde viven e que nos proporcionen información sobre o surf. Na nosa clase escollimos o colexio ALFRED NOBEL,esperemos que nos contesten (sabemos que tardarán un pouco, xa que alá están en verán).
Así que fomos o mapa do pasillo a poñer a taboa de surf na Arxentina e marcar cunha lá a unión dende Malpica a Arxentina. E logo, nos atlas da biblioteca buscamos o país. Para, finalmente, co escornabot facer o camiño dende Hawaii a Arxentina.
Así que, xa fixemos unha pequena visita a Bos Aires; e a dous lugares moi significativos de Arxentina como son as Cataratas do Iguazú e o glaciar Perito Moreno.







Ao observar a foto de Bos Aires vimos que a letra B tiña un gorro de Papá Noel, polo que supuximos que nesa foto están no Nadal, e polo ceo solleiro e que o cesped está moi seco dímonos conta que están no verán. Polo que mentres nos estamos no inverno eles están noutra estación moi diferente a nosa.
Deixovos un par de enlaces para tamén poidades ir de visita, recordade o de ter instalado o Google Earth:
IGUAZÚ 1
IGUAZÚ 2
PERITO MORENO 1
PERITO MORENO 2

01/02/18

RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI)

Seguimos ampliando o noso recuncho mariño con cousiñas que os peques traen das casas. Esta semana Antía trouxo un conto de animais mariños con rimas moi divertido, un cadro do fondo do mar feito por ela e un xogo de pesca con imán. Moitas grazas!!!!





RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Noa trouxo cousiñas para compartir, pero encantounos un taboleiro do mar, onde ademais hai debuxado un cofre dos tesouros igualiño ó da serea Leo!! Moitas grazas




RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Valentina tamén trouxo cousiñas para compartir no Recuncho Mariño: unha foca, un polbo e un conto "Burbullas", que nos contou ela mesma, sobre unha nena chamada Valentina que lle tiña medo ó mar, e a súa amiga, unha tartaruga, que lle tiña medo á praia.
Moitas grazas!!!





RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Gabriel trouxo unhas verbas preciosas dedicadas ó mar!!!!! Encantounos,  moitas grazas!!!