30/10/17

MUSEO DO MAR DE LAXE



O pasado xoves 26 de outubro todo o ciclo de Educación Infantil fumos visitar o Museo do Mar de Laxe, onde Joaquín explicounos moitas cousas sobre o Mar. Primeiro vimos unhas fotos antigas de Malpica onde non reconocíamos case nada, tamén vimos distintos barcos e as súas maquetas, que pescaban e como facían a súa maniobra, un oso da mandíbula da balea, un cañón... moitas cousas e todas moi interesantes. Á volta paramos no faro de Punta Nariga e estivemos vendo as illas Sisargas dende outra prespectiva e a clase de 6º E.I. buscou a pedra da Percebillosa, que é como se chama a súa clase. Podedes ver todasa as fotos da excursión premendo no seguinte enlace: Museo do Mar.

24/10/17

Que embarcación é?

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, elaborou o contido desta publicación que vos achegamos.

Ten o valor de mostrar dun modo didáctico as características das nosas embarcacións tradicionais.

Os máis propios de Malpica son os que aparecen nas páxinas 22 e 40.
Queres saber cales son? Pois tes diante dos ollos a resposta.

23/10/17

MAR DECORES (5º E.I.)

Estivemos facendo peixes de cores, coloreando e logo picando, e no oco do peixe puxemos papel celofán de distintas cores para logo poñelos na caixa de luz e facer un mar de cores. Quedou moi bonito, encantounos o efecto das luces sobre o papel celofán.




Baleas

Esta mesma colección ten máis publicacións con outros animais.

20/10/17

O fondo do mar cheo de tesouros

Xa está aquí a selección de lecturas para o Samaín. O escenario no que se xuntan restos de naufraxios e tesouros é o fondo do mar. Ven á biblioteca escoller os teus tesouros!

19/10/17

SOMOS PERCEBES (5º E.I.)

Outra cousa que nos trouxo Nicolás foi unha careta de percebe, a cal puxémola todos e sacamos unha foto. De xeito que ese día todos foron da mesa dos percebes. Algún é fácil de identificar coa careta posta, outros costa un pouco máis de traballo. A verdade é que estaban impacientes por poñela.


10/10/17

Cando en Malpica se cazaban baleas

Visita de Xurxo Alfeirán from bemilladoiro on Vimeo.
Hoxe, como xa tiñamos anunciado, recibimos ao profesor Xurxo Alfeirán. Preparou para nós unha clase maxistral na que, ademáis de recoller todo o seu coñecemento sobre o pasado baleeiro de Malpica, demostrou que ser MESTRE non é un traballo: é unha condición persoal. E Xurxo é MESTRE. Aprendimos moitísimo do seu coñecemento. Agradecemos o esforzo e seguiremos a contar con el tódalas veces que el nolo permita. E, agora.... a seguir investigando!
Novo avistamento nas costas galegas no día de hoxe

09/10/17

DOCE E SALGADO (5º E.I.)

Fomos á cociña  a experimentar como sabe a auga doce e salgada, para saber en que tipo de auga  viven os animais mariños. Botamos auga en dous recipientes, nun cunha cucharada de azucre e outro con sal, e, logo, mollamos o dedo en sal e azucre e probamos os dous.
Algún foi moi expresivo á hora de dicir cal tiña mellor sabor, pero outros dixeron que tanto o sal coma o azucre sabían ben, non notaban ningún tipo de diferenza. Creo que algún está tan afeito a vivir tan preto do mar que o sabor salgado parecelle atractivo. 😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄


Admunsen, o explorador do Polo Sur

Velaí a historia de Admunsen, o primeiro home que chegou ao Polo Sur. Tamén cho deixamos en forma de libro.

06/10/17

Visita: Xurxo Alfeirán

O vindeiro martes día 10 imos recibir ao profesor Xurxo Alfeirán para falarnos do pasado baleeiro de Malpica.

A actividade está enmarcada dentro do noso primeiro trimestre de traballo:
O mar que foi...
do Proxecto Documental Integrado do presente curso:
O mar que nos dá...

Falará para todos os cursos repartidos en dous grupos.

Xa estamos impacientes por escoitalo.

05/10/17

UN BARQUIÑO DE CÁSCARA DE NOZ





Onte intentamos facer os nosos barquiños de cáscara de noz, aínda que non foi tan doado como pensabamos. O primeiro de todo foi partir as noces que entre que non tíñamos forza e algunhas escachaban por todos lados aínda tardamos un anaco. Despois era a parte fácil que era encher de plastilina, decocar o noso barco e poñerlle a vela. Na merenda aproveitamos e comimos as noces que tanto traballo nos deran. E, finalmente, chegou a hora de probalos barcos. Afundíronse todo, non pasaron a proba de estabilidade, así que tivemos que probar diferentes modificacións, quitámoslle plastilina para que tivera menos peso, a vela xa que tiña que ser de papel e nos a fixéramos de cartulina... e despois fumos probando a quen lle flotaba e a quen non. Toda unha experiencia!! Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Barco de cáscara de nuez.





03/10/17

SOMOS PEIXES (5º E.I.)

Comezamos co proxecto do mar, e, facémolo coñecendo diferentes peixes, concretamente os que son de auga salgada.
O primeiro que fixemos é falar de onde viven os peixes , como fan para respirar, como se moven, etc; e o final todos fomos peixes, aprendimos a poñer cara de peixe no fondo do mar e logo nadamos coma eles.


Un mar de lendas

Do IES Asorey de Cambados, recollemos esta presentación cunha chea de lendas marítimas.
A ver cantas coñecemos!

MAPA DE MALPICA (6º E.I.)

Iniciamos o proxecto do mar e antes de nada comezamos analizando o que sabemos e o que queríamos aprender.


Pero o noso proxecto zarpa de Malpica, así que antes de aventurarnos por augas descoñecidas queremos coñecer a nosa propia zona. Aproveitamos que cada aula ten un nome dun sitio da nosa comarca (Punta Nariga, A barca de Maghé, A pedra das Garzas, A praia das Torradas...) e todos estes nomes apareceron no nosos panel de palabras segredas. O principio non sabíamos que significaban esas palabras tan raras, así que o primeiro que fixemos foi percorrer o cole para atopalas. Despois de descubrir que eran os nomes da clase e localizar que clase nos tocara a cada un, mandamos o papel a casa para cas familias nos axudaran a situalas no mapa. Hoxe estivemos localizando todos os lugares no mapa diferenciando un monte, dunha illa, dunha pedra, dunha praia... e deixámolo fora da aula para co resto dos compañeiros/as dos outros cursos poidan consultar onde estáo nome da súa aula. Podedes ver todas as fotos desta actividade premendo no seguinte enlace: Mapa de Malpica.