Cunhas caixas fixemos a representación de a onde pertence cada lugar, é dicir, Malpica pertence a provincia de Coruña; Coruña a Galicia, e así pouco a pouco ata que chegamos a formar parte do mundo. Foi unha actividade moi motivadora xa que puideron ver de forma manipulativa como esta estructurado o territorio. Así, tamén puidemos ver que todos os paises que visitamos, tamén forman parte dalgún contiente e todos formamos parte do mesmo mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario