O venres pasado , o alumnado de infantil realizamos una Gymkana. O capitán Milladoiro deixouno seis tesouros agochados, e para conseguir o mapa que nos diría onde atopalos , tivemos que realizar seis probas. Creamos 6 grupos de participantes, cada un dunha cor, e xogamos a un memory mariño, encestar na rede, cruzamos unha ponte, fixemos un barco co tangram, pasamos un circuito ata chegar ó barco do Capitán Milladoiro, e pescamos o globo. Ó rematar cada proba conseguimos cada peza do noso mapa, e descubrimos onde atopar o tesouro, así que mans á obra... Cada grupo percorreu o colexio buscando o cofre,e descubrimos que había un pergamino do Capitán e unhas chuches!!!!
PASÁMOLO EN GRANDE!!!!!
https://photos.app.goo.gl/AvvBrRQC2N5o6yRS8
Ningún comentario:
Publicar un comentario