30/04/19

Un mar de plásticos

Non queremos afogar nun mar de plásticos


  Nos últimos anos comezaron a saltar as alarmas sobre a problemática ambiental que supón a contaminación dos mares e océanos, especialmente, polos plásticos. 
A todos e a todas nos soan imaxes coma estas 


https://www.canarias7.es/sociedad/un-laboratorio-contra-el-plastico-en-el-mar-DX4770270https://www.lavanguardia.com/natural/20180604/444025779128/plasticos-un-solo-uso-drake.html
https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/grandes-reportajes/ahogados-mar-plastico_12712

 


Pero... realmente é para tanto a alarma?

De onde veñen a maioría destes plásticos?

Como danan a fauna e a flora?

Existen xa "mares de plástico"?

Que podemos facer?

Ó longo do curso fomos levando a cabo pequenas investigacións sobre esta problemática ambiental, e chegamos a conclusión de que o único que podemos facer nós, e tamén vós! é REDUCIR o consumo de plásticos, REUTILIZAR os que xa temos, e RECICLAR os que xa non son válidos.

Como proxecto final, elaboramos de xeito cooperativo estes murais, mediante os cales pretendemos facer ós demáis conscientes do gran problema ambiental ó que as nosas xeracións temos que facer fronte. 




Bótalle un ollo a estes enlaces, se queres obter máis información

08/04/19

Muller e ciencia

Mirade que fermosos traballos fixeron os escolares de 4º e 6º investigando biografías de mulleres que adicarton as súas vidas á investigación, prewferiblemente ás disciplinas que teñen que ver co mar.

04/04/19

VISITA Á PRAIA DE SEIRUGA


Tras traballar a importancia de manter o mar e as praias limpas, das consecuencias do lixo para os animais e concienciarnos de que isto nos afecta a todos, fixemos todo o ciclo de infantil unha visita á praia de Seiruga, onde recollimos todo o lixo que atopamos. Así que despois de tanto recoller e limpar colaborando en grupo, gozamos libremente xogando coa area. 
As profes fixemos unha selección do recollido, e incorporamos o importante ó conxunto de crebas que hai no cole aportadas polo alumnado, material que será reutilizado en próximas actividades.


A PRAIA DE SEIRUGA

Venres robóticos : MAREARTE ( Realidade Aumentada)


Os venres robóticos do 1º trimestre traballamos coa Realidade Aumentada, o alumnado aprendeu a enlazar os debuxos feitos por eles con imaxes descargadas anteriormente tamén por eles. No enlace podedes ver o mural mariño e algunhas imaxes en Realidade Aumentada.


MAREARTE

CONTAMINACIÓN DO MAR ( 5º EI )

Hai varias semanas ocorreu algo importante en Ponteceso, apareceu una balea varada na Praia de Valarés!!! Falamos deste acontecemento,  e despois de facer unha asamblea grupal, fixemos una pequena sesión de radio para falar sobre os motivos deste acontecemento.

Todo isto levounos a falar sobre o lixo no mar e os microplásticos, e sobre como afecta ós animais mariños. Tamén acabamos falando de Man, o alemán de Camelle e o seu amor polo mar, e sobre os vertidos de petróleo.
 Descubrimos que as tartarugas comen medusas, e que moitas veces as confunden con bolsas de plástico, así que decidimos coidar o noso mar recollendo lixo da Praia ( aínda temos que organizar esta saída).
 Falando das tartarugas, una nena dixo que iso era imposible porque as bolsas de plástico son máis grandes que as tartarugas, o que nos levou a facer una actividade cunha cinta métrica para facer aproximacións sobre o tamaño da tartaruga mariña máis grande. Cada un fixo unha estimación da medida, marchamos á biblioteca a investigar este tema, e descubrimos que hai tartarugas mariñas que poden chegar a medir 2,50m!!!!!!! Tras medir canto son 250cm na cinta métrica, miramos cantos cartóns de leite , cantas pisadas e cantos nenos/as precisabamos para chegar a esta medida!!!Seguiremos traballando a contaminación do mar .


O tamaño da tartaruga mariña

03/04/19

O DÍA DA MULLER TRABALLADORA ( INFANTIL)


Para celebrar o Día internacional da Muller Traballadora, a nivel centro, convidamos a Charo, unha muller redeira que fixo unha charla moi interesante sobre o seu traballo para todo o alumnado na biblioteca do noso cole.

Tamén, a nivel aula,  convidamos a todas as mulleres que teñen ou tiveron un oficio relacionado co mar, e no noso caso, Tania, a mamá de Gabi, visitounos a todo o ciclo de infantil. Como é redeira explicounos un montón de cousas: a vestimenta que utiliza, os instrumentos como as agullas, que ademais son distinto tamaño e o seu uso depende do tipo de rede, a importancia do seu traballo...  Ademais trouxo unha rede e moitas agullas, de forma que todo o alumnado de infantil aprendeu a coser . Foi unha actividade moi interesante, e ademais Tania regalounos un trociño de rede a cada un por se queremos seguir cosendo !!!! Moitísimas grazas pola visita!!!

Ademais das visita fixemos unha sesión de radio o alumnado de 5º de Educación Infantil:

02/04/19

Un mar de letras: poesías (1º EP)

Este trimestre rematamos o noso primeiro mural!
Todo comezou cuns barquiños de papel e o abecedario mariño para dar paso a redes cargadas de palabras e nubes cheas de versos.
Avanzamos na lectoescritura navegando por un mar de letras e poesías.
Esperamos que vos guste!