26/03/18

Dedicatoria Antonio García Teijeiro

Fermosa dedicatoria a que nos deixou o gran escritor no libro de visitas da biblioteca.
Xa está fotocopiada e pegada en todos os libros "Poemar o mar" do alumnado de 2º, un gran agasallo!
Grazas Antonio!

MURAL DO FONDO DO MAR

Con todos os materiais que empregamos durante este proxecto e todo o que aprendimos fixemos este estupendo mural sobre o fondo do mar, podedes ver todas as fotos do proceso premendo no seguinte enlace: mural.


23/03/18

MURAL DO FONDO DO MAR

Con todos os materiais que empregamos durante este proxecto e todo o que aprendimos fixemos este estupendo mural sobre o fondo do mar, podedes ver todas as fotos do proceso premendo no seguinte enlace: mural.


21/03/18

Visita plan Proxecta:O sabor da aventura está no mar

O martes recibimos a visita duns expertos no mundo mariño. Contáronnos a importancia de consumir peixe e dos superpoderes que nos darán, os tipos de pesca, sobre a acuicultura, tipos de mariscos... Regaláronnos un conto e unha gorra!!!




https://photos.app.goo.gl/OpBsBYdbOt3VkC3e2

Recuncho mariño: un ovo de peixe raia

O luns, Dania apareceu en clase cunha caixa misteriosa, cando a abrimos descubrimos dentro un Ovo de Peixe Raia. Mirámolo, tocámolo, pensamos sobre o seu tacto, e fixemos a pregunta... que haberá dentro? Así que utilizamos o retroproxector para velo, vimos que era todo negro, con partes translúcidas, e había unha raia que parecía a coliña do peixe. Mentres explorábamos o ovo, descubrimos que na parede estaba a súa forma, así que comezamos a xogar coas sombras dos mexillóns, dos dedos, das mans...


https://photos.app.goo.gl/zQ2X1POe7Btl1Dyz2

MÉTODO CIENTÍFICO ( 4º EI )



A semana pasada iniciámonos no método científico. Comezamos plantexando unha hipótese: que pasará se metemos os barquiños de plastilina e noces que trouxo Juan en auga? Ante diversas respostas, decidimos comprobalo. Os barcos afundiron, así que metemos un barquiño de plástico, que pasará? Flota. Chegamos á conclusión de que os barquiños de Juan afundiron por que eran pequenos e o barco de plástico non por ser máis grande. Comprobamos a nosa teoría con bolas de pastilina e uns bonecos de animais mariños de Saúl. Despois de probar, falar, plantexar hipóteses e comprobalas, chegamos á conclusión de que as cousas grandes flotan e as pequenas non.



Posto que esta teoría é o resultado da nosa experiencia, non saben que non é certa, polo tanto continuaremos facendo experiencias que nos leven a entender, dentro das nosas posibilidades, o fenómeno da FLOTACIÓN!!

20/03/18

Poemar o mar

Imaxes do encontro que tiveron co autor os nenos e nenas de 1º e 2º cursos. Unha mañán chea de poesía.

PROXECTO FONDO DO MAR

Rematamos este trimestre e con el o proxecto sobre o fondo do mar. Foron moitas cousas as que aprendimos e como actividade final fixemos un xogo co escornabot para repasar se os animais da plantilla eran mamíferos, peixes, crustáceos ou moluscos. Tamén no noso panel de palabras segredas tíñamos cada un animal mariño diferente e os estivemos clasificando. Por último, fixemos a portada do noso proxecto, para elo pegamos area, pintamos un peixe de cores, puxemos os tentáculos a medusa... Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: fondo do mar.





19/03/18

COLARES DE MEXILLÓNS ( 4º EI )

A semana pasada fixemos uns colares de mexillóns, utilizando as cunchas dos mexillóns que precisamos para facer as brochetas de mexillóns, gambas e tomates do aniversario de Juan.






           

16/03/18

Rosalía e o mar

Con algo de retraso ofrecémosvos imaxes da que foi a nosa homenaxe a Rosalía no seu día.
Este curso e enlazando co tema do noso PDI, buscamos a relación de Rosalía co mar e lembramos as que pasan por ser as súas últimas palabras:
Abrídeme a ventana que quero ulir o mar 
Fixemos unha pequena escolma dos seus poemas que falan do mar, démoslla a coñecer ao alumnado.
Cantaron, contaron, aprenderon, recitaron... e cada aula escolleu uns versos para escribir nunha augamar e construir un mural colectivo.
Un pouco mçais perto da nosa poeta.

15/03/18

AGASALLO DA SEREA LEO ( 4º EI )

A serea Leo, mascota da nosa bibliteca escolar, deixounos esta semana un agasallo: Unha estrela de mar, como agradecemento pola nosa investigación de animais mariños. Descubrímola pouco antes de rematar a xornada, cando un neno deuse conto que o cofre do tesouro da clase estaba pechado, cando sempre está aberto!!!! Mirámola, tocámola, e puxémola no espello, xa que é pegaxosa, encantounos ver como se deslizaba!!!




Os nosos nomes: mar e robótica ( 4º EI )

Seguimos traballando as iniciais dos nosos nomes e o resto das letras, asociándoas con animais mariños. Neste xogo robótico, tiñamos que levar o animal mariño que nos tocou, buscar o nome do neno ou nena da clase cuxa inicial é a mesma que o animal, e levar ó escornabot ata o nome. Encántalles, e traballamos moitos contidos ó mesmo tempo!!

Para ver as fotos, premer no enlace.


https://photos.app.goo.gl/yvTokypw0gPALZRY2

Recuncho mariño ( 4º EI )

Esta semana, Saúl, trouxo uns bonecos de animais mariños: unha balea, unha orca, unha estrela de mar e un cangrexo ermitaño, este último encantounos, xa que se lle damos a volta parece unha cenoria!!! Descubrimos que teñen uns buratiños e que Saúl xoga con eles na auga, así que utilizaremos estes bonecos e outros do noso recuncho mariño, para plantexar hipóteses e comprobalas na auga!!! Gracias Saúl.




10/03/18

AUSTRALIA (5º E.I.)

Continuamos coa nosa viaxe, nesta ocasión visitamos Australia, onde se celebrou o primeiro campeonato mundial do surf no ano 1964. Iniciamos a viaxe dende Perú ata Australia e o chegar observamos que este país é unha illa moi grande. E, logo, visitamos a capital do país Canberra, e despois fomos a Sidney, xa que preto desta cidade, concretamente en Bondi Beach, celebrouse o primeiro campeonato mundial de surf. Tamén fomos a un parque nacional a ver se tiñamos sorte e podíamos ver canguros e koalas, pero non o conseguimos, así que os vimos en fotos que atopamos na internet.



Déixovos un par de enlaces para que visitedes Sidney e Bondi Beach:

CANBERRA

SIDNEY 1

SIDNEY 2

BONDI BEACH

07/03/18

Recuncho mariño ( 4º EI)

A semana pasada, o noso compañeiro Leo, trouxo máis cousiñas para o noso recuncho mariño: un conto para adiviñar o animal agochado e un puzzle de animais do mar. Moitas grazas Leo!!!!!





 

RADIO BALEA ( 4º EI )

Neste curso, o Día da Paz no cole, celebrouse partindo da idea de Unión de Pobos a través do Mar, polo que propúxose dende a Biblioteca Escolar o contacto con algún cole con cultura distinta á nosa. Na nosa clase viaxamos a Colombia, e posto que estamos no proceso de axudar a Serea Leo a coñecer os animais mariños, decidimos contactar con algún cole de Colombia para que colaborasen connosco no noso Proxecto de Investigación. Dende hai pouquiños días temos un novo espazo escolar, A Radio Balea ( nome escollido a través dunha votación na que participou todo o alumnado do centro), así que subimos toda a clase a este espazo, collimos os micros, probamos a facer gravacións, puxemos os cascos, respectamos o turno de palabra... Unha vez familiarizados coa Radio, utilizamos un podcast para contactar con El Jardín El Prado, unha escola infantil de Colombia. Aínda que todos participamos nas asembleas para ver que cousas queríamos preguntarlles , soamente subiron a facer o podcast Leo, Clara, Juan e Antía. Foi unha grande experiencia, así que iremos pasando todos pola Radio Balea. Deixo o podcast que enviamos!!!






AS NOSAS INICIAIS ( 4º EI)

Este trimestre traballamos a inicial do noso nome, para iso comezamos a aprender a canción do abecedario, xogamos a intentar escribir o noso nome, xuntamos na asamblea as letras do nome da persoa encargada, identificamos as nosas iniciais asociándoas a obxectos, animais, comidas...
Posto que estamos traballando o Proxecto do Mar, descubrimos un novo espazo de xogo, no que podemos asociar a inicial do noso nome a un elemento mariño:

Antía: Anémona
Leo: Langosta
Santiago e Saúl: Sepia
Breixo e Benito: Balea
Clara: Cangreixo
Juan: Jurel
Valentina: Vieira
Dania: Dourada
Gabriel: Golfiño
Noa: Nautilus
Marcelo: Medusa











             

EXCURSIÓN Ó AQUARIUM ( INFANTIL)

O luns, todo o ciclo de educación infantil visitamos o Aquarium de A Coruña, como actividade dentro do Proxecto do Mar. Comezamos a visita baixando ó Nautilus, onde vimos o Tiburón toro Gastón, outros tiburóns máis pequenos, rodaballos, besugos... Escoitamos o canto dunha balea, visitamos o resto dos acuarios onde había medusas, polbos, mexilóns, pepinos de mar, peixes paiaso,  cabaliños de mar, cigalas, langostas, morenas, congros, rubios, tocamos as estrelas de mar, vimos ósos de balea, fixemos un percorrido pola exposición de obras de artes feitas co lixo que chega ás praias... Foi unha saída moi divertida!!!


https://photos.app.goo.gl/pnqdryQZCxKkLFit1

03/03/18

PREPARANDO A VISITA Á CASA DOS PEIXES (5º E.I.)

Esta semana estivemos preparando a visita do próximo luns a casa dos peixes de Coruña. Observamos fotografías do Aquarium Finisterrae, coas diferentes especies mariñas que hai, podedes velas no seguinte enlace CASA DOS PEIXES. Segundo vemos as fotos falamos do que había nela e que animal mariño era e que coñeciamos del.
Tamén aproveitando que na casa dos peixes teñen un expositor con corais mariños, e que, no cole temos un e que a nosa próxima visita é a Australia,  visitamos a gran barreira de coral no MAR DE CORAL, QUEENSLAND (AUSTRALIA) e tocamos e observamos o coral.



Tamén vimos un vídeo de animais mariños (algúns dos que aparecen no vídeo non esta no aquarium), que primeiro aparecen en debuxos animados e logo o real, gustoulles moito, a continuación déixovos o vídeo:



02/03/18

COÑECEMOS OS PEIXES EN INFANTIL

Esta semana estivemos preparando a visita o aquarium de Coruña coñecendo diferentes peixes e as súas características. O primeiro que fixemos foi consultar unha guía de animais mariños do propio aquarium e tamén un libro de peixes onde explicaban todas as súas características. Despois observamos as imaxes de varios deles e intentamos adiviñar como se chamaban, que comían, onde vivían... e, finalmente fixemos un xogo para coñecer cal era o noso novo sitio no que tiñamos que atopar o peixe que nos tocara.

















O día seguinte collimos prestado do museo do Mar o cadro de peixes de Galicia e comparamos se aparecían algúns dos que tiñamos nos, estando a sardiña, a quenlla, o sargo...e tamén reconstruimos as espiñas dun peixe con palillos, quedándonos unha manualidade moi chula.


















Por último, hoxe estimos xogando co escornabot, collíamos unha tarxeta co nome dun peixe e tiñamos que levar a foto o peixe correspondente, unha maneira moi divertida de afianzar os conceptos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Peixes.
































Un vídeo que nos gustou moito e que vos deixo por se queredes repetir na casa foi este:


01/03/18

VISITAMOS PERÚ (5º E.I.)

Estamos visitando Perú, onde se celebrou o segundo campeonato mundial de surf no ano 1965, concretamente en Punta Rocas. Primeiro fixemos a viaxe de Arxentina a Perú, ao chegar visitamos a capital do país, Lima. E, logo, fomos as montañas a visitar unha cidade moi antiga e moi famosa, o Machu Pichu.









A continuación déixovos enlaces para que visitedes:

MACHU PICHU 1

MACHU PICHU 2