22/11/17

CANTO MIDEN? (5º E.I.)

A semana pasada medímonos, e comprobamos que todos e todas miden máis dun metro, logo medimos o esquelete que nos regalaron os nenos e nenas de 3º de primaria, e comprobamos que mide máis que eles,concretamente 1.50 m.
Para logo pasar a ver canto miden os percebes, sardiñas, golfiños e baleas. Para velo mellor usamos cinta para poder comparar canto acupa cada unha. E para ver que unha balea é o animal máis grande do planeta, usamos o pasillo para poder ter todo o espazo posible. Primeiro, cada 2 metros, colocáronse nenos e nenas ata os 25 m aproximados que pode medir unha balea; e, finalmente, usamos un cordel azul, poñéndose uns nun extremo e outros no outro. Así, puidemos comprobar que estaban moi lonxe uns doutros. Case non nos chega o pasillo para saber canto mide unha balea adulta.


21/11/17

Investigamos: Polo Norte


O primeiro destino da clase de 6º E.I. lévanos o Polo Norte, así que o primeiro que fixemos foi pensar todo o que sabíamos deste lugar. Relacionámolo principalmente con Papá Noel e toda a súa familia, ademais de diversos animais como o oso polar, a foca, o lobo, renos... 
Para ampliar a información acudimos a biblioteca a investigar un pouco. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: polo norte.



03/11/17

VISITA DA BIÓLOGA LAURA ( INFANTIL)


O luns 30, tivemos a grande sorte de recibir a visita de Laura, que é bióloga e amiga da profe Patri. Falounos dun montón de cousas sobre a vida no mar : as baleas, animais que brilan na ocuridade, cunchas, corais, esponxas de mar, algas, orellas de mar... e ademáis deixounos tocar as cousas que trouxo, pero para iso precisamos das gafas de científicos que ela mesma nos regalou, Moitísimas grazas por vir e colaborar coas profes de infantil!!!!!!

 

02/11/17

Paco Souto. In Memoriam

Esta foi a homenaxe do noso alumnado a Paco Souto.
Con este acto, dou comezo o programa Novas crónicas de Malpica.
Recitaron poemas de Antonio García Teijeiro no seu libro Poemar o mar, que ven de ser distinguido co Premio Nacional de Literatura.
Nada máis acaído para lembrar a Paco: Poesía e mar.

VIII Semana das Lecturas Terroríficas

Este ano houbo gran diversidade: lecturas de contos, contos de creación propia, cancións... e ata un espectáculo de luz e son que nos ofreceron os máis pequenos.
Tivemos tamén un divertidísimo informativo sobre un gran monstro mariño aparecido en Malpica que inventaron os nenos e nenas de 5 anos.
O mar, e o medo, deron para moito.
Como final da semana, os escolares de 6º de primaria ofrecéronnos un recital poético con poemas do libro Poemar o mar, na memoria de Paco Souto