O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
25/09/18
Cidades asolagadas
Estamos ante un dos mitos máis extendidos en Galicia e, en xeral, en tódolos pobos celtas (Irlanda, Bretaña...)
E imos ver de aprender algo máis sobre el: como se chaman, onde están...
De momento, deixamos algúns enlaces para que vaiades investigando. E xa veremos...
13/09/18
Olaaaa!
Ola a todos e todas. Un novo curso botou a andar onte e con el o traballo e as ilusións de cada setembro.
Este será un ano de moitos cambios. De momento, non sabemos cando poderemos dispoñer de novo do servizo de Biblioteca pois estanse cocendo cousas ben interesantes. Pero que o local esté en obras non significa que non poidamos usar os libros. Non. Están accesibles no corredor para que poidamos disfrutalos e traballar con eles.
Deixámosvos un cartel coas lecturas que recomendamos para traballar nas aulas neste curso.
Así que:

Vento nas velas e boa travesía!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)