21/05/19

Un mar de Letras Galegas 2019

Aínda non vos mostramos esta exposición: a que de novo nos preparou o profe Josecho coa selección de ibros para achegarnos ás Letras Galegas. Libros mesturados con crebas que exemplifican ben o que foi este curso para nós.

14/05/19

As caixas sorpresa (1º EP)

I Concurso de Podcasts (1º EP)

Participamos no I Concurso de Podcasts de radio elaborados na nosa biblioteca convocado pola Consellería de Educación.
E facémolo co podcast Muller e Mar 2019 para homenaxear ás mulleres traballadoras do mar: as avoas armadoras e redeiras.
Grazas ás familias pola súa colaboración e á mestra de E.I., Marta Couto, pola asistencia técnica.
Esperamos que vos guste, nós aprendemos moito!

10/05/19

Visita de Xurxo Alfeirán

Hoxe visitounos Xurxo Alfeirán para falarnos de "A caza da balea en Malpica".
Unha marabilla de visita!
Grazas Xurxo!




05/05/19

COCIÑANDO PERCEBES ( 4º EI)

A pasada semana os nenos e nenas de 4º de infantil fixeron unha receita deliciosa: PERCEBES!!!

Antes de cociñalos, falaron sobre o oficio de percebeir@, onde viven os percebes, como se recollen... despois os viron, tocaron e uliron, e tras cociñalos degustaron este manxar!!!!!



FOTOS

02/05/19

Tartaruga mariña: comparando tamaños ( 5º EI)

Por fin rematamos de pintar a nosa tartaruga mariña. Está feita a tamaño real, 250cm, así que utilizando un metro moi grande, buscamos esta medida e despois tumados ,medímonos e escribimos no metro o noso nome para comparar as nosas medidas coas da tartaruga mariña máis grande.


Tartaruga mariña

08/04/19

Muller e ciencia

Mirade que fermosos traballos fixeron os escolares de 4º e 6º investigando biografías de mulleres que adicarton as súas vidas á investigación, prewferiblemente ás disciplinas que teñen que ver co mar.

04/04/19

VISITA Á PRAIA DE SEIRUGA


Tras traballar a importancia de manter o mar e as praias limpas, das consecuencias do lixo para os animais e concienciarnos de que isto nos afecta a todos, fixemos todo o ciclo de infantil unha visita á praia de Seiruga, onde recollimos todo o lixo que atopamos. Así que despois de tanto recoller e limpar colaborando en grupo, gozamos libremente xogando coa area. 
As profes fixemos unha selección do recollido, e incorporamos o importante ó conxunto de crebas que hai no cole aportadas polo alumnado, material que será reutilizado en próximas actividades.


A PRAIA DE SEIRUGA

Venres robóticos : MAREARTE ( Realidade Aumentada)


Os venres robóticos do 1º trimestre traballamos coa Realidade Aumentada, o alumnado aprendeu a enlazar os debuxos feitos por eles con imaxes descargadas anteriormente tamén por eles. No enlace podedes ver o mural mariño e algunhas imaxes en Realidade Aumentada.


MAREARTE

CONTAMINACIÓN DO MAR ( 5º EI )

Hai varias semanas ocorreu algo importante en Ponteceso, apareceu una balea varada na Praia de Valarés!!! Falamos deste acontecemento,  e despois de facer unha asamblea grupal, fixemos una pequena sesión de radio para falar sobre os motivos deste acontecemento.

Todo isto levounos a falar sobre o lixo no mar e os microplásticos, e sobre como afecta ós animais mariños. Tamén acabamos falando de Man, o alemán de Camelle e o seu amor polo mar, e sobre os vertidos de petróleo.
 Descubrimos que as tartarugas comen medusas, e que moitas veces as confunden con bolsas de plástico, así que decidimos coidar o noso mar recollendo lixo da Praia ( aínda temos que organizar esta saída).
 Falando das tartarugas, una nena dixo que iso era imposible porque as bolsas de plástico son máis grandes que as tartarugas, o que nos levou a facer una actividade cunha cinta métrica para facer aproximacións sobre o tamaño da tartaruga mariña máis grande. Cada un fixo unha estimación da medida, marchamos á biblioteca a investigar este tema, e descubrimos que hai tartarugas mariñas que poden chegar a medir 2,50m!!!!!!! Tras medir canto son 250cm na cinta métrica, miramos cantos cartóns de leite , cantas pisadas e cantos nenos/as precisabamos para chegar a esta medida!!!Seguiremos traballando a contaminación do mar .


O tamaño da tartaruga mariña

03/04/19

O DÍA DA MULLER TRABALLADORA ( INFANTIL)


Para celebrar o Día internacional da Muller Traballadora, a nivel centro, convidamos a Charo, unha muller redeira que fixo unha charla moi interesante sobre o seu traballo para todo o alumnado na biblioteca do noso cole.

Tamén, a nivel aula,  convidamos a todas as mulleres que teñen ou tiveron un oficio relacionado co mar, e no noso caso, Tania, a mamá de Gabi, visitounos a todo o ciclo de infantil. Como é redeira explicounos un montón de cousas: a vestimenta que utiliza, os instrumentos como as agullas, que ademais son distinto tamaño e o seu uso depende do tipo de rede, a importancia do seu traballo...  Ademais trouxo unha rede e moitas agullas, de forma que todo o alumnado de infantil aprendeu a coser . Foi unha actividade moi interesante, e ademais Tania regalounos un trociño de rede a cada un por se queremos seguir cosendo !!!! Moitísimas grazas pola visita!!!

Ademais das visita fixemos unha sesión de radio o alumnado de 5º de Educación Infantil:

02/04/19

Un mar de letras...(1º EP)

Este trimestre rematamos o noso mural!
Todo comezou cuns barquiños de papel e o abecedario mariño para dar paso a redes cargadas de palabras e nubes cheas de versos.
Avanzamos na lectoescritura navegando por un mar de letras e poesías.
Esperamos que vos guste!