28/03/19

Visita da CEMMA

Onte visitáronnos uns biólogos da CEMMA. Pediramoslles a visita para ampliar os nosos coñecementos sobre os mamíferos mariños. E non defraudaron. Deixámosvos unhas imaxes.

15/03/19

Semana da Muller

Rematamos hoxe unha intensísima Semana da Muller na que convidamos a vir ás aulas mostrarnos os seus coñecementos, ás nais, irmáns, avoas... que teñan, ou teñen tido, traballos relacionados coa actividade mariñeira.

Así, recibimos: armadoras, redeiras, tratantas, estivadoras, oficiais de puente... cada unha convocada á aula na que está o/a seu familiar.

Foi unha experiencia moi singular polo didáctica e tamén polo emocionante.

Iremos editando os materiais en que foron recollidas as visitas (programas de radio, video, fotografías, pistas de audio...) e publicando todos.

De momento, ilustramos coa imaxe da redeira máis nova de Malpica: Olaia García, nai de Uxía Añón de 6º de primaria.
Grazas!

12/03/19

Desfile de entroido: Un mar de lendas

Entroido 2019 from bemilladoiro on Vimeo.

Velaí algunhas imaxes do que foi a nosa festa anual do Entroido e que celebramos o pasado venres día 1. Como sabedes, este ano o noso PDI continua co tema do mar e ao entroido chamámoslle Un mar de lendas. Recreamos algunhas lendas que teñen como escenario o mar. Pasámolo xenial!

11/03/19

Muller e Mar 2019 (1º EP)

Estas últimas semanas tivemos varias visitas moi especiais: as nosas mulleres (avoas e nai) traballadoras do mar.
Conmemoramos así a Semana da Muller 2019, outorgándolle todo o protagonismo que se merecen ás incansables mulleres traballadoras do mar.
Grazas a todas elas pola súa colaboración!



Ermitas Arcay: armadora e redeira.





Carmen Veiga: armadora e redeira.



Esther Varela; estibadora.


                                                 Carmen Garrido: traballou nunha cetárea.

Pescadores Chinos 5º E.I.

07/03/19

Día da Muller traballadora: Redeiras

Hoxe recibimos a Charo, redeira profesional que forma parte da Asociación de Redeiras O Fieital dentro das nosas actividades arredor do Día da Muller Traballadora.

Charo explicounos en que consiste o seu traballo e respondeu moi didácticamente as preguntas que lle fixeron. Por exemplo:
-Onde é o cole das redeiras?- preguntou un alumno de 5 anos. Ao que ela respondeu que, normalmente, no porto pero pode ser en calquera lugar no que haxa alguén que ensine o oficio.

Agradecemos a colaboración destas mulleres que se multiplican para poder atendernos sen deixar de facer o seu traballo.