20/12/17

Malpica industrial

Percorrido por Malpica para ubicar as instalacións industriais nas que se procesaba peixe da Malpica do s. XX Da man do profesor Xurxo Alfeirán

16/12/17

PEIXES CRUS (5º E.I.)

Esta semana trouxeron o cole peixes crus, polo que fomos á cociña a observalos.
Aprendimos que para respirar teñen branquias; no seu corpo hai escamas; teñen dous ollos, a cada lado ou no mesmo plano; etc. Tamén tocámolos, estaban fríos, algúns dixeron que eran suaves outros que pinchaban. E, incluso, algún non quería tocalos, encantoulles a experiencia, moitos recoñeceron que peixes eran e dixeron que os comen na casa.


15/12/17

Felicitación

Coa imaxe da nosa árbore mariñeira, feita coa colaboración de todos/as queremos enviar a todos cantos nos seguides neste espazo virtual, os mellores desexos para o vindeiro ano.

Unha árbore que representa coma ningunha outra o que somos, o que fumos e o que queremos seguir sendo:

 unha comunidade 
que vive 
mirandose no mar.

Feliz e ventureiro
2018

13/12/17

Mares do mundo


Na área de Ciencias Sociais tocou aprender sobre os continentes e os océanos. Aproveitando que este curso temos como proxecto de centro O MAR quixemos ampliar os nosos coñecementos investigando sobre algún dos mares que temos no noso planeta.

Buscamos información en Atlas e na rede e finalmente colocamos no planisferio os óceanos e os mares que fomos descubrindo.

Noraboa rapazas e rapaces por tan bó traballo!!





TIBURÓN (5º E.I.)

Hai uns días a nosa compañeira Celia trouxo un tiburón de dedos, e como nos gustou moitísimo, hoxe fixemos un cada un.



05/12/17

Lendas mariñas en 4º

Traballo dos nenos e nenas de 4º. Canto aprenderon!

ANIMAIS MARIÑOS 3D (5º E.I.)

A semana pasada puxemos uns lentes moi especiais, que, ao mirar por eles todo era vermello e azul.
Pero cando observamos diferentes animais mariños no libro (orcas, quenllas, osos polares, focas, tartarugas, peixes pallasos, etc) parecían que saían del, ata pensamos que a quenlla quería comernos porque tiña a boca moi aberta. Gustounos moito esta exepriencia, foi unha maneira diferente de ver os animais mariños.