31/01/18

Un mar dúas orillas: O mar e a guerra (6º)

O alumnaod de 6º, no seu traballo ALFIN, estiveron a incvestigar sobre o papel que cumple e cumpleu o mar en tempos de guerra. Así, descubriron a historia dos malpicans que Fuxiron por mar, investigaron sobre o Winnipeg relacionando todo iso coa actualidade das pateras

Coñecemos o mexillón

Embarcados dentro do plan proxecta comezamos O sabor da aventura ésta no mar, unha iniciativa da Xunta de Galicia, xunto co fondo europeo marítimo e de pesca que fomenta o consumo de productos do mar, como a sardiña, o xurelo, o rodaballo... e no noso caso o MEXILLÓN. Comezamos recibindo unha fotografía dos mexillóns por parte da nosa amiga a buceadora Rosa, despois analizamos diferentes láminas que nos indicaban as partes deste molusco e, por último, coñecimos os Arroases e as súas explicacións, como por exemplo, que os mexillóns aportan Iodo e fomentan o desenvolvemento da intelixencia. Podedes ver todos os recursos premendo no seguinte enlace: O sabor da aventura está no mar.






27/01/18

VISITAMOS HAWAII (5º E.I.)

Esta semana fixemos a nosa primeria visita a Hawaii. Saimos de Malpica rumbo ao noso destino.
Observamos que Hawaii está formado varias illas, e, a máis grande, é a que recibe o nome de Hawaii, pero non é a máis poboada. A cidade con máis poboación é onde se atopa a cidade de Honolulu. que está noutra illa.
Tamén visitamos Sunset Beach, onde celebran a proba do campeonato mundial de surf, e tuvimos a sorte de que nese momento estaban a celebrar a entrega duns premios a varios surfeiros.
Dicir que houbo algún neno que non lle chegou esta visita e seguiu insistindo que cando imos a Hawaii 😂😂😂😂😂.












Nos seguintes enlaces podedes ver algúns dos lugares que visitamos (ao mellor para poder velos tedes que ter instalado o GOOGLE EARTH):
HONOLULU
SUNSET BEACH
ENTREGA DE PREMIOS

APORTACIÓNS AO PROXECTO (5º E.I.)

Grazas por todo o que aportachedes. Estanos servindo para guiar a nosa viaxe.










23/01/18

SORPRESAS MARIÑEIRAS ( 4º EI )

Hoxe chegamos a clase e Dania viña cargada de cousiñas do Mar para compartir con todos. un cadro do fondo do mar, peluches, bonecos de tiburóns, golfiños, peixes, polbos... Miramos, tocamos, xogamos e montamos un recuncho mariñeiro, para interactuar con todos os materiais que vaian aparecendo!!!






MESA DE LUZ: ANIMAIS MARIÑOS ( 4º EI )



Tras facer unha asemblea para ver que animais mariños coñecemos e axudar así á serea Leo, interactuamos na mesa de luz, utilizando as siluetas de algúns animais e barcos, xogamos e inventamos historias!!!




20/01/18

COMEZAMOS A VIAXE (5º E.I.)

Comezamos a viaxe, aproveitando a información que nos trouxo Marco Ures, contándonos que o surf naceu en Hawaii, este será o primeiro lugar que visitáremos. Fomos o mapa que hai no corredor do colexio para buscar onde estamos e a onde queremos ir; logo fomos á biblioteca a buscar nos atlas para, finalmente co mapa mundi e o escornabot facer o camiño dende Malpica a Hawaii. 
Co escornabot tivemos algún problema de dirección, xa que nalgún momento volvíamos para atrás en vez dir o noso destino. Pero finalmente chegamos.


TABOA DE SURF (5º E.I.)

O luns ao chegar á escola tiñamos unha taboa de surf na aula, unha moi grande.
Sácamola da súa funda e observamos como era, logo tocámola,e atopamos unha parte áspera e outra suave. Preguntáronse porque era así ao tacto, e, ensineilles un trociño de cera, que ao principio dixeron era xabón. Ata que lles expliquei que era cera para botarlla a taboa para non resbalar cando nos subimos a ela e cabalgamos sobre as ondas do mar, por iso, onde ten cera, a taboa  é áspera. Tamén oléronna, e a cada un olíalle a diferentes cousas: vainilla, chocolate, para outros olía mal, etc.
Ao final encantoulles a taboa e xa decidimos como se vai chamar o proxecto deste 2º trimestre: "SURFEANDO POLO MUNDO"


19/01/18

ANIMAIS MARIÑOS

Traballamos as diferentes especies de animais mariños cun xogo moi divertido mediante os escornabots na clase de 6º E.I. Tiñamos que clasificar os animais en crustáceos, mamíferos, peixes e moluscos, tirábamos o dado e buscábamos un desa familia e despois comprobábamos. Foi unha actividade moi divertida, na que afianzamos conceptos e despois serviunos para facer o traballo perfecto. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: escornabots.




17/01/18

VISITA DE LEO ( 4º EI )

Onte ó chegar a clase, atopámonos cunha sorpresa... Estaba Leo, a mascota da Bibilioteca Escolar, e un cofre de tesouros!! Dentro deste, descubrimos unha carta, na que Leo pedía axuda, xa que é unha serea e pasa moito tempo no mar, buscando libros e contos para a nosa Biblioteca. Leo necesita que lle axudemos a identificar animais mariños que poidan ser perigosos para ela.
Decidimos axudala, así que pensamos onde poderiamos encontrar información... Fumos á Biblioteca a buscar contos e libros sobre o mar, e ocorreúsenos a idea de preguntar ás familias, así que en breves... precisaremos máis AXUDA!!!








16/01/18

NAVEGAMOS A COLOMBIA ( 4º EI )

O noso compañeiro Santiago, foi a Colombia no Nadal, así que buscamos no mapa onde está ese país.Decidimos utilizar o NAUTILUS, a barquiña de Breixo, para ir polo mar ata este país.

10/01/18

Rosalía e o mar

Fixemos unha pequena selección de poemas nos que Rosalía fala do mar. Achegamos, así, materiais para a homenaxe que lle rendiremos no seu día (23 de Febreiro) e da que xa vos falaremos. De momento, ide lendo...