07/05/18

Ponlle pilas ao teu bocata!

O alumnado de 3º e 4º de Primaria puido comprobar os saborosos bocatas que se poden facer usando como ingrediente principal algún produto do mar en conserva.
 E o pan, mercámolo? NON! Como veredes no video, foron eles e elas os que fixeron o seu propio boliño de pan.
Aprendemos a facer unha receita e analizamos a información que contén as etiquetas dunha lata de conservas: denominación, peso, información nutricional, caducidade e conservación.
 As especies mariñas en conserva (atún, mexillóns, xoubiñas…) xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, lácteos, cereais…serviron para elaborar cadansúa receita dun bocata rico e cheo de enerxía.
 O programa ALIMENTA-T BEN que promove a Consellería de Educación quere fomentar dietas saudables entre a poboación escolar e Ponlle pilas ao teu bocata é unha campaña deseñada para transmitir aos escolares a importancia do consumo de conservas de produtos do mar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario