O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
31/05/18
Visitounos X.H. Rivadulla Corcón
Hoxe visitounos o escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón para enco9ntrarse cos escolares de 5º e 6º de Primaira.
A lectura de Os piratas da illa da Esperanza, foi un éxito como podedes ver na nosa canle de bootubers onde moitos/as decidiron recomendar a súa lectura.
Tamén a visita.
Grazas ao autor por achegarse ata o noso cole!
Pan de mar ou bizcocho

Cuando en el siglo XV España y Portugal se lanzan a explorar los mares del mundo con un evidente interés comercial, se origina un problema de abastecimiento del alimento básico de aquel tiempo: el pan.
Barcos de madera que pasaban meses en el mar sin tocar puerto, en los que cocer pan no era un trabajo seguro, en los que la conservación de la harina, a causa de la humedad, no era fácil, necesitaban un pan de larga duración.
La respuesta de los panaderos de la época fue el bizcocho , un pan que, como su propio nombre indica, se cocía dos veces, de manera que la humedad se eliminaba por completo y su conservación se alargaba en el tiempo. Tal bizcocho era tan duro y seco que los marineros lo mojaban en agua antes de comerlo. (Información)
Na imaxe, aparece unha conservada no museo marítimo de Greenwich
En Galicia, recuperounas a empresa chantadina Da Veiga Ver tamén
29/05/18
Un mar de contos
Durante o mes das letras unha das actividades que fixemos foi un mural na honra de Mª Victoria Moreno e o seu primeiro libro Mar adiante. Fixemos as fotos lendo un libro e, logo fixemos as fotos en forma de peixe; de xeito que fixemos un mar cheo de libros.
25/05/18
PORTUGAL (5º E.I.)
Deixamos o continente africano para volver a Europa, concretamente visitamos Portugal. Visitamos a capital Lisboa, xa que é onde aterrou o avión. logo fomos de turistas a visitar o castelo de Guimaraes e o palacio nacional de Sintra. Así imos máis relaxados para a nosa penúltima proba do mundial de surf na praia de Carcavelos en Cascais. Aprendimos un pouco de portugués que é moi parecido o galego, no seguinte enlace podedes coñecer palabras en portugués TRADUTOR.
Que visitamos:
CASTELO DE GUIMARAES
PALACIO NACIONAL DE SINTRA
PRAIA DE CARCAVELOS, CASCAIS
Que visitamos:
CASTELO DE GUIMARAES
PALACIO NACIONAL DE SINTRA
PRAIA DE CARCAVELOS, CASCAIS
24/05/18
23/05/18
Mar adiante!
Presentamos o primeiro dos nosos traballos colectivos para este mes: o noso mural na honra de Mª Victoria Moreno e o que foi o seu primeiro libro Mar adiante
21/05/18
Recuncho mariño ( 4º EI )
A semana pasada recibimos a sorpresa de máis cousiñas bonitas para o noso recuncho mariño: Océanos, un libro puzle para xogar montando as partes de animais do mar, un par de estrelas de mar e a cuncha interna dun calamar, que ademais era transparente. Moitas Gracias!!!
Mural Nadarín (2º)
Como todo o curso traballamos por equipos, seguindo o título do Plan de Formación do Profesorado "Aprendemos cooperando, convivimos dialogando", realizamos un gran mural con Nadarín. Non hai conto mellor para exemplificar a cooperación e o diálogo. Esperamos que vos guste!
18/05/18
SUDÁFRICA (5º E.I.)
Deixamos Xapón e subimos o avión con rumbo a Sudáfrica, no continente africano. Continuando co campeonato mundial de surf. Neste país aprendimos que en vez dunha capital como os outros paises que visitamos, ten tres capitais Pretoria, sede do poder executivo; Bloemfontein, sede do poder xudicial; e Cidade do Cabo, sede do poder lexislativo. E, tamén que ten 11 linguas oficiais do estado, unha de las é o inglés, idioma que xa coñecemos; IDIOMAS OFICIAIS DE SUDÁFRICA
Os lugares que visitamos foron:
16/05/18
13/05/18
CARACOLAS ( 4º EI )
Fai varios días recibimos unha grata visita cunha grande sorpresa: A mamá de Noa chegou a clase cunha Caracola viva!!!!! Trouxoa nun recipiente con agua, e aínda que intentamos que saíra da cuncha para vela, non puidemos observala!!! Foi unha mágoa non poder vela saír , aínda así foi un espectáculo ter , por un ratiño, unha caracola viva na clase. Moitas gracias
Recuncho mariño ( 4º EI )
07/05/18
Ponlle pilas ao teu bocata!
O alumnado de 3º e 4º de Primaria puido comprobar os saborosos bocatas que se poden facer usando como ingrediente principal algún produto do mar en conserva.
E o pan, mercámolo? NON! Como veredes no video, foron eles e elas os que fixeron o seu propio boliño de pan.
Aprendemos a facer unha receita e analizamos a información que contén as etiquetas dunha lata de conservas: denominación, peso, información nutricional, caducidade e conservación.
As especies mariñas en conserva (atún, mexillóns, xoubiñas…) xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, lácteos, cereais…serviron para elaborar cadansúa receita dun bocata rico e cheo de enerxía.
O programa ALIMENTA-T BEN que promove a Consellería de Educación quere fomentar dietas saudables entre a poboación escolar e Ponlle pilas ao teu bocata é unha campaña deseñada para transmitir aos escolares a importancia do consumo de conservas de produtos do mar.
E o pan, mercámolo? NON! Como veredes no video, foron eles e elas os que fixeron o seu propio boliño de pan.
Aprendemos a facer unha receita e analizamos a información que contén as etiquetas dunha lata de conservas: denominación, peso, información nutricional, caducidade e conservación.
As especies mariñas en conserva (atún, mexillóns, xoubiñas…) xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, lácteos, cereais…serviron para elaborar cadansúa receita dun bocata rico e cheo de enerxía.
O programa ALIMENTA-T BEN que promove a Consellería de Educación quere fomentar dietas saudables entre a poboación escolar e Ponlle pilas ao teu bocata é unha campaña deseñada para transmitir aos escolares a importancia do consumo de conservas de produtos do mar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)