O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
15/03/18
Recuncho mariño ( 4º EI )
Esta semana, Saúl, trouxo uns bonecos de animais mariños: unha balea, unha orca, unha estrela de mar e un cangrexo ermitaño, este último encantounos, xa que se lle damos a volta parece unha cenoria!!! Descubrimos que teñen uns buratiños e que Saúl xoga con eles na auga, así que utilizaremos estes bonecos e outros do noso recuncho mariño, para plantexar hipóteses e comprobalas na auga!!! Gracias Saúl.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario