28/03/19

Visita da CEMMA

Onte visitáronnos uns biólogos da CEMMA. Pediramoslles a visita para ampliar os nosos coñecementos sobre os mamíferos mariños. E non defraudaron. Deixámosvos unhas imaxes.

15/03/19

Semana da Muller

Rematamos hoxe unha intensísima Semana da Muller na que convidamos a vir ás aulas mostrarnos os seus coñecementos, ás nais, irmáns, avoas... que teñan, ou teñen tido, traballos relacionados coa actividade mariñeira.

Así, recibimos: armadoras, redeiras, tratantas, estivadoras, oficiais de puente... cada unha convocada á aula na que está o/a seu familiar.

Foi unha experiencia moi singular polo didáctica e tamén polo emocionante.

Iremos editando os materiais en que foron recollidas as visitas (programas de radio, video, fotografías, pistas de audio...) e publicando todos.

De momento, ilustramos coa imaxe da redeira máis nova de Malpica: Olaia García, nai de Uxía Añón de 6º de primaria.
Grazas!

12/03/19

Desfile de entroido: Un mar de lendas

Entroido 2019 from bemilladoiro on Vimeo.

Velaí algunhas imaxes do que foi a nosa festa anual do Entroido e que celebramos o pasado venres día 1. Como sabedes, este ano o noso PDI continua co tema do mar e ao entroido chamámoslle Un mar de lendas. Recreamos algunhas lendas que teñen como escenario o mar. Pasámolo xenial!

11/03/19

Muller e Mar 2019 (1º EP)

Estas últimas semanas tivemos varias visitas moi especiais: as nosas mulleres (avoas e nai) traballadoras do mar.
Conmemoramos así a Semana da Muller 2019, outorgándolle todo o protagonismo que se merecen ás incansables mulleres traballadoras do mar.
Grazas a todas elas pola súa colaboración!



Ermitas Arcay: armadora e redeira.





Carmen Veiga: armadora e redeira.



Esther Varela; estibadora.


                                                 Carmen Garrido: traballou nunha cetárea.

Pescadores Chinos 5º E.I.

07/03/19

Día da Muller traballadora: Redeiras

Hoxe recibimos a Charo, redeira profesional que forma parte da Asociación de Redeiras O Fieital dentro das nosas actividades arredor do Día da Muller Traballadora.

Charo explicounos en que consiste o seu traballo e respondeu moi didácticamente as preguntas que lle fixeron. Por exemplo:
-Onde é o cole das redeiras?- preguntou un alumno de 5 anos. Ao que ela respondeu que, normalmente, no porto pero pode ser en calquera lugar no que haxa alguén que ensine o oficio.

Agradecemos a colaboración destas mulleres que se multiplican para poder atendernos sen deixar de facer o seu traballo.

28/02/19

Día de Rosalía


Moito nos presta Rosalía e a súa poesía! Os nenos e nenas 3º e 4º de primaria rendiron homenaxe á unha das nosas escritoras máis celebres: Rosalía de Castro co  gallo do aniversario do seu nacemento. 
Nesta ocasión recitamos fragmentos de poemas da autora nos que fai algunha referencia ao mar e  fixemos un mural dun fondo mariño.
Como remate baixamos a recoller uns agasallos: un libro en galego e unha rosa de papel (proposta da AELG)










18/12/18

Árbores mariñeiras

E, coma cada ano, compuxemos as nosas árbores navideñas conforme ao tema que nos ocupará todo o curso que este ano, como sabedes, volve ser O MAR. Mirade que xeitosiñas quedaron!

04/12/18

Cidades asolagadas

Como sabedes, este ano centramos o noso traballo de Samaín nas misterioeísimas cidades asolagadas. Descubrimos que en Galicia hai moooooitas. Traballamos co libro de Xabier Maceiras: Contos mariños de Carballo e puxémonos a investigar. Esta é unha pequena mostra do resultado deste traballo en 4º e 6º:

03/12/18

SAÍDA A CORME (3º ciclo)

O xoves 22 de novembro puidemos disfrutar dunha expericencia singular visitando o buque oceanográfico Ramón Margalef, que se adica a investigar a calidade da auga mariña, a evolución das diferentes especies e o fondo mariño, destacando a súa participación no estudo dun volcán preto da illa canaria de El Hierro. Este buque atopábase atracado no porto, e despois de estar no barco, tamén fumos visitar o Museo de Arte Contemporánea de Corme. No percorrido ademáis de disfrutar de diferentes obras do seu fundador e mecenas, Julio Pujales, tamén apreciamos obras de distintos artistas contemporáneos e deixamos a nosa propia obra de arte!

Para finalizar unha boa mañá, decidimos visitar un dos lugares máis senlleiros da Costa de Morte: o Faro Roncudo, onde a fama dos seus percebes vai máis aló das nosas fronteiras. 

Aquí tedes algunhas fotos da experiencia:



Saída a Corme (5º e 6º) from bemilladoiro on Vimeo.

26/11/18

Santa Cruz: Arte con crebas

Excursión a Santa Cruz from bemilladoiro on Vimeo.
Escolares de 5º e 6º acudiron ao Castelo de Santa Cruz, en Oleiros por visitar a exposición Pola beira do mar.
Nesta exposición, os colectivos Retoqueretro e Mar de Fábula mostran obras de arte nacidas do lixo que recollen nas praias, o que nos devolve o mar.

O caso é que no terceiro trimestre, a nosa proposta de traballo encol do mar será precisamente Mar-e-arte e gustábanos que viran exemplos, modelos, de como se pode tirar beleza do lixo e, de paso, coidar da beiramar.

 Como o tempo atmosférico non acompañou moito, despois foron visitar o Museo de Oleiros, que está moi pretiño do Castelo.

Seica o pasaron moi ben.

18/11/18

Terror baixo as augas

Como cada ano, cando se achega o Samaín, no noso cole celebramos a semana das lecturas terroríficas. Para esta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou un conto con temática de terror e tendo como protagonista a Leo, a mascota da nosa biblioteca. A partir deste pequeno relato, creamos un audiovideo coa técnica de Stopmotion empregando os debuxos que foron facendo os nenas e nenos da aula. Terror baixo as augas from bemilladoiro on Vimeo.