O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
10/03/19
07/03/19
Día da Muller traballadora: Redeiras
Hoxe recibimos a Charo, redeira profesional que forma parte da Asociación de Redeiras O Fieital dentro das nosas actividades arredor do Día da Muller Traballadora.
Charo explicounos en que consiste o seu traballo e respondeu moi didácticamente as preguntas que lle fixeron. Por exemplo:
-Onde é o cole das redeiras?- preguntou un alumno de 5 anos. Ao que ela respondeu que, normalmente, no porto pero pode ser en calquera lugar no que haxa alguén que ensine o oficio.
Agradecemos a colaboración destas mulleres que se multiplican para poder atendernos sen deixar de facer o seu traballo.

28/02/19
Día de Rosalía
Moito nos presta Rosalía e a súa poesía! Os nenos e nenas 3º e 4º de
primaria rendiron homenaxe á unha das nosas escritoras máis celebres: Rosalía
de Castro co gallo do aniversario do seu
nacemento.
Nesta ocasión recitamos fragmentos de poemas da autora nos
que fai algunha referencia ao mar e
fixemos un mural dun fondo mariño.
Como remate baixamos a recoller uns agasallos: un libro en
galego e unha rosa de papel (proposta da AELG)
18/12/18
Árbores mariñeiras
E, coma cada ano, compuxemos as nosas árbores navideñas conforme ao tema que nos ocupará todo o curso que este ano, como sabedes, volve ser O MAR.
Mirade que xeitosiñas quedaron!
04/12/18
Cidades asolagadas
Como sabedes, este ano centramos o noso traballo de Samaín nas misterioeísimas cidades asolagadas. Descubrimos que en Galicia hai moooooitas. Traballamos co libro de Xabier Maceiras: Contos mariños de Carballo e puxémonos a investigar.
Esta é unha pequena mostra do resultado deste traballo en 4º e 6º:
03/12/18
SAÍDA A CORME (3º ciclo)
O xoves 22 de novembro puidemos disfrutar dunha expericencia singular visitando o buque oceanográfico Ramón Margalef, que se adica a investigar a calidade da auga mariña, a evolución das diferentes especies e o fondo mariño, destacando a súa participación no estudo dun volcán preto da illa canaria de El Hierro. Este buque atopábase atracado no porto, e despois de estar no barco, tamén fumos visitar o Museo de Arte Contemporánea de Corme. No percorrido ademáis de disfrutar de diferentes obras do seu fundador e mecenas, Julio Pujales, tamén apreciamos obras de distintos artistas contemporáneos e deixamos a nosa propia obra de arte!
Para finalizar unha boa mañá, decidimos visitar un dos lugares máis senlleiros da Costa de Morte: o Faro Roncudo, onde a fama dos seus percebes vai máis aló das nosas fronteiras.
Aquí tedes algunhas fotos da experiencia:
Saída a Corme (5º e 6º) from bemilladoiro on Vimeo.

26/11/18
Santa Cruz: Arte con crebas
Excursión a Santa Cruz from bemilladoiro on Vimeo.
Escolares de 5º e 6º acudiron ao Castelo de Santa Cruz, en Oleiros por visitar a exposición Pola beira do mar.
Nesta exposición, os colectivos Retoqueretro e Mar de Fábula mostran obras de arte nacidas do lixo que recollen nas praias, o que nos devolve o mar.
O caso é que no terceiro trimestre, a nosa proposta de traballo encol do mar será precisamente Mar-e-arte e gustábanos que viran exemplos, modelos, de como se pode tirar beleza do lixo e, de paso, coidar da beiramar.
Como o tempo atmosférico non acompañou moito, despois foron visitar o Museo de Oleiros, que está moi pretiño do Castelo.
Seica o pasaron moi ben.

18/11/18
Terror baixo as augas
Como cada ano, cando se achega o Samaín, no noso cole celebramos a semana das lecturas terroríficas. Para esta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou un conto con temática de terror e tendo como protagonista a Leo, a mascota da nosa biblioteca. A partir deste pequeno relato, creamos un audiovideo coa técnica de Stopmotion empregando os debuxos que foron facendo os nenas e nenos da aula.
Terror baixo as augas from bemilladoiro on Vimeo.
07/11/18
05/11/18
Cabazas mariñeiras
Damos as grazas a tódalas familias pola amplísima participación e por tal derroche de creatividade. Cada ano sorprendédesnos pero, se cabe, este ano a sorpresa foi maiúscula: nunca pensamos que o tema do Mar dera para tanto á hora de decorar cabazas.
O dito:
GRAZAS!
10/10/18
25/09/18
Cidades asolagadas
Estamos ante un dos mitos máis extendidos en Galicia e, en xeral, en tódolos pobos celtas (Irlanda, Bretaña...)
E imos ver de aprender algo máis sobre el: como se chaman, onde están...
De momento, deixamos algúns enlaces para que vaiades investigando. E xa veremos...
13/09/18
Olaaaa!
Ola a todos e todas. Un novo curso botou a andar onte e con el o traballo e as ilusións de cada setembro.
Este será un ano de moitos cambios. De momento, non sabemos cando poderemos dispoñer de novo do servizo de Biblioteca pois estanse cocendo cousas ben interesantes. Pero que o local esté en obras non significa que non poidamos usar os libros. Non. Están accesibles no corredor para que poidamos disfrutalos e traballar con eles.
Deixámosvos un cartel coas lecturas que recomendamos para traballar nas aulas neste curso.
Así que:

Vento nas velas e boa travesía!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)