06/04/18

XOGOS CON CUNCHAS ( 4º EI )

No segundo trimestre, no cofre dos tesouros da serea Leo, apareceu unha caixa chea de cunchas de berberechos. Esta vez utilizámolas para traballar o conteo, a descomposición do número tres e facer creacións artísticas con elementos naturais.
Tamén descubrimos , gracias á profe Patri, que as cunchas de vieiras serven para facer música!!!



INVESTIGANDO AS CARACOLAS: CHAMADO Ó CAPITÁN DE BARCOS ( 4º EI )

Hoxe continuamos buscando resposta á pregunta... terían algo dentro as caracolas cando vivían no mar?
Os nenos e nenas viñeron con respostas das casa, todos estaban de acordo en que as caracolas no mar teñen algo dentro, uns dicían que bichiños e outros que gusanos.
Decidimos chamar ó avó de Breixo, que foi capitán de barcos, para buscar a resposta correcta. Baixamos á conserxería, cada neno e nena tiña un número que marcar, chamamos e conseguimos una resposta:
AS CARACOLAS SON COMO OS CARACOIS DA TERRA, SOAMENTE QUE NON TEÑEN CORNOS!!!
Seguiremos investigando sobre estes animaliños. Moitas grazas!!!!


RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Continuamos ampliando o recuncho mariño cun par de debuxos de caracolas feitos por Juan. Moitas gracias!!!



05/04/18

AS CARACOLAS ( 4º EI )

A partir da caracola que trouxo Juan, comezamos unha nova liña de investigación, e levamos toda a semana sendo detectives. Por suposto, aínda non resolvemos a nosa dúbida... terían algo dentro as caracolas cando estaban no mar? Mañá continuaremos comprobando as fontes de información que propuxemos o martes na asemblea. Se queredes escoitar os programas de radio Balea, premer no seguinte enlace, que ademais está no lateral do blogue principal do cole

http://bemilladoiro.blogspot.com.es/







Recuncho mariño: as caracolas ( 4º EI )

O martes, tras a volta das vacacións, Juan trouxo unha caracola, mirámola, escoitámola, tocámola... e por suposto xurdiron dúbidas!!!


26/03/18

Dedicatoria Antonio García Teijeiro

Fermosa dedicatoria a que nos deixou o gran escritor no libro de visitas da biblioteca.
Xa está fotocopiada e pegada en todos os libros "Poemar o mar" do alumnado de 2º, un gran agasallo!
Grazas Antonio!

MURAL DO FONDO DO MAR

Con todos os materiais que empregamos durante este proxecto e todo o que aprendimos fixemos este estupendo mural sobre o fondo do mar, podedes ver todas as fotos do proceso premendo no seguinte enlace: mural.


23/03/18

MURAL DO FONDO DO MAR

Con todos os materiais que empregamos durante este proxecto e todo o que aprendimos fixemos este estupendo mural sobre o fondo do mar, podedes ver todas as fotos do proceso premendo no seguinte enlace: mural.


21/03/18

Visita plan Proxecta:O sabor da aventura está no mar

O martes recibimos a visita duns expertos no mundo mariño. Contáronnos a importancia de consumir peixe e dos superpoderes que nos darán, os tipos de pesca, sobre a acuicultura, tipos de mariscos... Regaláronnos un conto e unha gorra!!!




https://photos.app.goo.gl/OpBsBYdbOt3VkC3e2

Recuncho mariño: un ovo de peixe raia

O luns, Dania apareceu en clase cunha caixa misteriosa, cando a abrimos descubrimos dentro un Ovo de Peixe Raia. Mirámolo, tocámolo, pensamos sobre o seu tacto, e fixemos a pregunta... que haberá dentro? Así que utilizamos o retroproxector para velo, vimos que era todo negro, con partes translúcidas, e había unha raia que parecía a coliña do peixe. Mentres explorábamos o ovo, descubrimos que na parede estaba a súa forma, así que comezamos a xogar coas sombras dos mexillóns, dos dedos, das mans...


https://photos.app.goo.gl/zQ2X1POe7Btl1Dyz2

MÉTODO CIENTÍFICO ( 4º EI )



A semana pasada iniciámonos no método científico. Comezamos plantexando unha hipótese: que pasará se metemos os barquiños de plastilina e noces que trouxo Juan en auga? Ante diversas respostas, decidimos comprobalo. Os barcos afundiron, así que metemos un barquiño de plástico, que pasará? Flota. Chegamos á conclusión de que os barquiños de Juan afundiron por que eran pequenos e o barco de plástico non por ser máis grande. Comprobamos a nosa teoría con bolas de pastilina e uns bonecos de animais mariños de Saúl. Despois de probar, falar, plantexar hipóteses e comprobalas, chegamos á conclusión de que as cousas grandes flotan e as pequenas non.



Posto que esta teoría é o resultado da nosa experiencia, non saben que non é certa, polo tanto continuaremos facendo experiencias que nos leven a entender, dentro das nosas posibilidades, o fenómeno da FLOTACIÓN!!

20/03/18

Poemar o mar

Imaxes do encontro que tiveron co autor os nenos e nenas de 1º e 2º cursos. Unha mañán chea de poesía.