O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
28/03/19
Visita da CEMMA
Onte visitáronnos uns biólogos da CEMMA. Pediramoslles a visita para ampliar os nosos coñecementos sobre os mamíferos mariños.
E non defraudaron.
Deixámosvos unhas imaxes.
15/03/19
Semana da Muller
Rematamos hoxe unha intensísima Semana da Muller na que convidamos a vir ás aulas mostrarnos os seus coñecementos, ás nais, irmáns, avoas... que teñan, ou teñen tido, traballos relacionados coa actividade mariñeira.
Así, recibimos: armadoras, redeiras, tratantas, estivadoras, oficiais de puente... cada unha convocada á aula na que está o/a seu familiar.
Foi unha experiencia moi singular polo didáctica e tamén polo emocionante.
Iremos editando os materiais en que foron recollidas as visitas (programas de radio, video, fotografías, pistas de audio...) e publicando todos.
De momento, ilustramos coa imaxe da redeira máis nova de Malpica: Olaia García, nai de Uxía Añón de 6º de primaria.

Grazas!
12/03/19
Desfile de entroido: Un mar de lendas
Entroido 2019 from bemilladoiro on Vimeo.
Velaí algunhas imaxes do que foi a nosa festa anual do Entroido e que celebramos o pasado venres día 1. Como sabedes, este ano o noso PDI continua co tema do mar e ao entroido chamámoslle Un mar de lendas. Recreamos algunhas lendas que teñen como escenario o mar. Pasámolo xenial!11/03/19
Muller e Mar 2019 (1º EP)
Estas últimas semanas tivemos varias visitas moi especiais: as nosas mulleres (avoas e nai) traballadoras do mar.
Conmemoramos así a Semana da Muller 2019, outorgándolle todo o protagonismo que se merecen ás incansables mulleres traballadoras do mar.
Grazas a todas elas pola súa colaboración!
Ermitas Arcay: armadora e redeira.
Carmen Veiga: armadora e redeira.

Carmen Garrido: traballou nunha cetárea.
Conmemoramos así a Semana da Muller 2019, outorgándolle todo o protagonismo que se merecen ás incansables mulleres traballadoras do mar.
Grazas a todas elas pola súa colaboración!
Ermitas Arcay: armadora e redeira.
Carmen Veiga: armadora e redeira.
Esther Varela; estibadora.
10/03/19
07/03/19
Día da Muller traballadora: Redeiras
Hoxe recibimos a Charo, redeira profesional que forma parte da Asociación de Redeiras O Fieital dentro das nosas actividades arredor do Día da Muller Traballadora.
Charo explicounos en que consiste o seu traballo e respondeu moi didácticamente as preguntas que lle fixeron. Por exemplo:
-Onde é o cole das redeiras?- preguntou un alumno de 5 anos. Ao que ela respondeu que, normalmente, no porto pero pode ser en calquera lugar no que haxa alguén que ensine o oficio.
Agradecemos a colaboración destas mulleres que se multiplican para poder atendernos sen deixar de facer o seu traballo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)