Comezamos o noso proxecto sobre o mar e que mellor maneira que investigar o máis próximo a nos como son os BARCOS. Primeiramente pensamos cantos tipos de barcos coñecemos e buscamos moitos máis en internet. Despois descubrimos as maquetas de barcos que trouxeron varias mestras, analizando de cada barco de que estaba feito, se se desprazan grazas as velas, o motor, os remos... e ademais para que serve cada un deles. Zarpamos neste emocionante proxecto!!! Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Barcos.
O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
27/09/17
25/09/17
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)