02/07/18

Producto final

Pechamos o noso Proxecto Documental Integrado cun traballo colectivo que chamamos Producto final. Este curso temos 3 productos finais: O diccionario do mar, o Museo do mar e a canción Un mar de contos.
Anque xa foron publicados por separado algúns deles, hoxe queremos deixalos aquí reunidos para que sexa doado velos, disfrutalos e saborealos como se merecen.

O Museo é unha instalación efímera pois tódolos obxectos que reunimos pertencen a persoas, familias... que os poñen á nosa disposición mentres dure o PDI. Este é un xesto de confianza que agradecemos. Os osos de balea son de Mª Esther Barca, a que fora profesora no noso centro. O dente de cachalote, o oso de mandíbula e a barba de balea pertencen ao poeta do mar Xosé Iglesias E o resto dos obxectos ás familias do noso alumnado.
Grazas a todos/as por esta estreita colaboración, pola confianza e polo apoio. Porque,como di o probervio africano:
para educar un neno cómpre toda unha tribu. 

13/06/18

A NOSA VIAXE (5º E.I.)

Acabamos o noso proxecto de "Surfeando polo mundo", e como punto final fixemos un mapa mundial onde buscamos os paises que visitamos, marcando a ruta que seguimos dende o primeiro país ata o último. Foi unha grande viaxe polo mundo. Quero darvos as grazas polas vosas aportacións para este proxecto.


O NOSO MAR (5º E.I.)

Aproveitando a area que nos trouxéchedes fixemos un pequeno mar coas súas ondas e co seu barco veleiro. Como tiñamos dous tipos de area, unha máis fina e outra máis gorda observamos a diferencia entre elas e tamén algúns tocámola. E, tamén experimentamos que unha estaba máis mollada que outra e polo tanto pegábase máis nas mans. Quedounos un mar moi bonitiño.


Diccionario mariñeiro

Velaí outro dos nosos productos finais: un Diccionario con termos mariñeiros escrito entre todos/as. Encántanos! Agora levarémolo á imprenta e faremos un deses libros que tanto nos gusta ter na nosa biblio: os que escribimos nós.

En 3º investigan: Caderno de animais mariños

09/06/18

AS CAIXAS DE XEOGRAFÍA (5º E.I.)

Cunhas caixas fixemos a representación de a onde pertence cada lugar, é dicir, Malpica pertence a provincia de Coruña; Coruña a Galicia, e así pouco a pouco ata que chegamos a formar parte do mundo. Foi unha actividade moi motivadora xa que puideron ver de forma manipulativa como esta estructurado o territorio.  Así, tamén puidemos ver que todos os paises que visitamos, tamén forman parte dalgún contiente e todos formamos parte do mesmo mundo.


05/06/18

VOLVEMOS (5º E.I.)

Xa toca volver a casa dende o último país que visitamos, Portugal. Collimos o noso bus surfeiro para que nos levara o aeroporto para coller o avión de volta a Malpica. Fíxonos moito ilusión esta viaxe, coñecimos moitos paises e convertímonos nuns grandes capións de surf.










04/06/18

Fin de Proxecto. Un mar de contos



Non podemos estar máis orgullosos deste resultado. Velaí parte do traballo no que levamos volcados todo o curso; Grazas á profesora de música por esta fermosa melodía e polo labor de coordinación do tódalas titorías. Tamén aos profesores/titores porque nas aulas é onde todo sucede. A nós encántanos! Agora falta o video, a ver se somos capaces...

Lapbooks Ciencias Naturais 2º

31/05/18

Visitounos X.H. Rivadulla Corcón

Hoxe visitounos o escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón para enco9ntrarse cos escolares de 5º e 6º de Primaira. A lectura de Os piratas da illa da Esperanza, foi un éxito como podedes ver na nosa canle de bootubers onde moitos/as decidiron recomendar a súa lectura. Tamén a visita. Grazas ao autor por achegarse ata o noso cole!

Pan de mar ou bizcocho


 Cuando en el siglo XV España y Portugal se lanzan a explorar los mares del mundo con un evidente interés comercial, se origina un problema de abastecimiento del alimento básico de aquel tiempo: el pan.
 Barcos de madera que pasaban meses en el mar sin tocar puerto, en los que cocer pan no era un trabajo seguro, en los que la conservación de la harina, a causa de la humedad, no era fácil, necesitaban un pan de larga duración.
La respuesta de los panaderos de la época fue el bizcocho , un pan que, como su propio nombre indica, se cocía dos veces, de manera que la humedad se eliminaba por completo y su conservación se alargaba en el tiempo. Tal bizcocho era tan duro y seco que los marineros lo mojaban en agua antes de comerlo. (Información)

Na imaxe, aparece unha conservada no museo marítimo de Greenwich
En Galicia, recuperounas a empresa chantadina Da Veiga Ver tamén