14/06/18

Visitamos o Museo do mar

Onte visitamos os diferentes espazos do centro onde hai exposicións, en concreto o Museo de mar, onde atopamos moitísimos obxectos que trouxeron as familias e os mestres descubrindo dende un colmillo de cachalote, un oso de balea, diferentes crustáceos, cartas de navegación, aparellos para pescar... e tamén subimos a segunda planta para ver as maquetas que realizaron os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, algunha gustounos moito como o campo de fútbol e a discoteca Milladoiro. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: visitas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario