25/04/18

Recuncho mariño ( 4º EI)

Os últimos días recibimos novas cousiñas para o Recuncho Mariño, Dania trouxo uns contos para compartir " Acuario", que fala de animais mariños a través de rimas e "El pez Arco Iris ", que transmite o valor de compartir, ademáis dun tesouro!!!!!! Unha Caixa do seu avó chea de cunchas distintas, formas de caracolas que nunca viramos , e todas procedentes de cando o avó embarcaba no Gran Sol.
Valentina trouxo outras cunchas, parecían iguais, pero ó tocalas e velas de cerca decatámonos de que eran distintas!!! Fixemos xogos con elas, sobre todo de conteo, e as utilizamos para facer ritmos!!!

                                           Moitas Gracias







Ningún comentario:

Publicar un comentario