20/01/18

COMEZAMOS A VIAXE (5º E.I.)

Comezamos a viaxe, aproveitando a información que nos trouxo Marco Ures, contándonos que o surf naceu en Hawaii, este será o primeiro lugar que visitáremos. Fomos o mapa que hai no corredor do colexio para buscar onde estamos e a onde queremos ir; logo fomos á biblioteca a buscar nos atlas para, finalmente co mapa mundi e o escornabot facer o camiño dende Malpica a Hawaii. 
Co escornabot tivemos algún problema de dirección, xa que nalgún momento volvíamos para atrás en vez dir o noso destino. Pero finalmente chegamos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario